InicioCULTURADuki, Bryan Adams e Franz Ferdinand inauguran O Son do Camiño

Duki, Bryan Adams e Franz Ferdinand inauguran O Son do Camiño

A cidade contará con máis de 300 efectivos de seguridade no tres días do evento

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta edición do festival O Son do Camiño inaugurarase este xoves no xa habitual Monte do Gozo da capital galega. Con máis de 40 actuacións en tres xornadas de duración –12, 13 e 14 de xuño–, a organización do festival trasladou a Europa Press que espera alcanzar o 100% de vendas, o que correspondería a ao redor de 130.000 espectadores.

En canto á programación para o día de inauguración, este xoves, os artistas Mikel Izal, Nil Moliner, Dollar Selmouni, Paul Thin, Galician Army e Filloas pisarán o Monte do Gozo. Súmanse a eles os espectáculos no escenario Son Electro by Repsol, especializado en música electrónica e que contará con djs como Bárbara Lago, Benwal, Dexphase, Indira Paganotto, Teresa Ferreiro e Vendex.

Durante a segunda xornada do festival –o venres 13–, será a quenda da banda Kasabian, Bad Gyal, Kase.Ou , Amaia, Carolina Durante, Juan Magán, Siloé, Merino e Aiko. Pola súa banda, en Son Electro by Repsol estarán Adiel, Àme (Live), Andrés Campo, Héctor Llamazares, Karras Martínez e Mand Lle Tough.

Finalmente, o evento pecharase o sábado 14 coas actuacións de The Prodigy, Estopa, Amaral, Steve Aoki, Dani Fernández, A A Love You, Lia Kali, Marlena, The Rapants, Tain e Capital Voskov. Mentres que a zona de electrónica albergará a Dennis Cruz, Honey Dijon, Jayda G, Tsha, Viviana Casanova e Yahaira.

OCUPACIÓN Ao 90% E MÁIS DE 300 EFECTIVOS DE SEGURIDADE

Consultada por Europa Press, a Unión Hoteleira –que agrupa a máis da metade das prazas hoteleiras da cidade–, comunicou que a ocupación media dos hoteis en Santiago é do 90% en vistas ao comezo do festival, aínda que con algunhas habitacións libres á espera das reservas de última hora. No entanto, engadiu que algúns hoteis se atopan ao 100%, “especialmente os que se sitúan máis próximos ao festival”, explicou a entidade, que tamén valorou positivamente o aumento das tarifas, que supón un “incremento de rendibilidade moi sensible”.

Para garantir a seguridade nas datas do festival, a subdelegada do Goberno, María Rivas; o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e a alcaldesa, Goretti Sanmartín, confirmaron na xunta de seguridade cidadá do luns pasado que a cidade contará cun total de máis de 300 efectivos –tanto da Policía Nacional como da Local e Bombeiros–. Desta forma, un ano máis, o Concello mantén os autobuses lanzadeiras co fin de “evitar os problemas de tráfico”. Esta medida é paralela ao correspondente plan de circulación establecido, xa comunicado aos veciños da zona, cos cortes correspondentes e cos cartóns que autorizan o paso. “Nese sentido, non esperamos grandes obstáculos”, ha confiou Duro.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...