InicioCULTURA(VÍDEO) As Tanxugueiras volverán ser cabeza de cartel nas Festas da Ascensión...

(VÍDEO) As Tanxugueiras volverán ser cabeza de cartel nas Festas da Ascensión cunha actuación na Praza da Quintana

As cantareiras galegas serán o prato forte das festas compostelás o próximo 29 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Festas de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro, anunciou a actuación das Tanxugueiras o vindeiro 29 de maio na Praza da Quintana, un dos eventos destacados das Festas da Ascensión deste ano. Segundo informou a edil, a Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns o inicio do expediente de contratación desta actuación, que será un dos momentos máis esperados das festas compostelás.

Pilar Lueiro destacou que, como cada ano, as Festas da Ascensión continúan apostando por grupos musicais galegos con grande repercusión. Neste caso, será o turno das Tanxugueiras, grupo formado por Sabela e Olaia Maneiro e Aida Tarrío, que subirán ao escenario nun momento especialmente significativo, coincidindo coa homenaxe ás cantareiras e á canción popular no marco do Día das Letras Galegas, que tamén se celebra en maio.

As Tanxugueiras son coñecidas pola súa capacidade para reinterpretar a música tradicional galega, logrando unha gran repercusión non só en Galicia, senón en toda a península. O seu éxito segue en aumento grazas aos seus discos e, especialmente, á súa última xira, a Xira Midas, que incluíu máis de 120 concertos por todo o Estado español, culminando cun concertazo no Coliseum da Coruña. Neste recital, lograron un fito histórico, ao converterse nas primeiras artistas en galego en encher o maior recinto pechado de concertos do noroeste de España, vendendo máis de 5.000 entradas en só 24 horas.

Ademais, o seu álbum Diluvio acumulou xa máis de 60 millóns de reproducións nas plataformas dixitais, e foi número 1 de vendas en tenda físicas durante a súa semana de lanzamento.

A actuación das Tanxugueiras será un dos principais atractivos dunha programación que aposta por continuar a liña de promoción da música galega que caracterizou as festas dos últimos anos. Como lembrou a concelleira, a edición anterior das festas xa tivo un gran éxito coa actuación de As Fillas de Casandra, e este ano, agárdase que o concerto das Tanxugueiras siga a mesma liña de éxito.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here