InicioCULTURAOs Premios Follas Novas celebran unha década recoñecendo o talento do libro...

Os Premios Follas Novas celebran unha década recoñecendo o talento do libro galego

A gala terá lugar este sábado no Teatro Principal de Santiago e distinguirá figuras clave da edición, a creación e a promoción cultural

Publicado o

Xornal de Compostela

A décima edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase este sábado no Teatro Principal de Santiago, espazo que a organización cualificou como “fogar” do certame ao acoller todas as súas edicións desde a súa creación. A gala, organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia, consolidouse como un dos principais eventos do ano para o sector do libro en Galicia.

Durante a rolda de prensa de presentación, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, destacou que os premios “recoñecen o traballo de toda a cadea do ecosistema literario”, desde as persoas autoras e editoras ata quen promove a lectura e achega os libros á cidadanía. Louzao subliñou tamén o papel de Compostela como cidade literaria: “É lugar de referencia para autoras como Rosalía de Castro e espazo de inspiración para moitas figuras da nosa literatura contemporánea”.

Entre os galardóns honoríficos deste ano destaca o premio ao libreiro Rafael Silva Costoyas, fundador da histórica Libraría Follas Novas, recoñecido pola Federación de Librarías como “referente profesional e cultural”. A Asociación Galega de Editoras homenaxeará ao editor Manuel Bragado, quen estivo á fronte de Edicións Xerais durante tres décadas e mantén activo o blog Brétemas, considerado un espazo clave para a reflexión sobre o libro galego. Pola súa parte, a Asociación de Escritoras e Escritores designou á autora palestina Shad Wadi como Escritora Galega Universal 2025, destacando a súa contribución literaria e a visibilidade da cultura palestina nun contexto de conflito.

A gala entregará tamén doce premios ás mellores obras publicadas en galego, en categorías como poesía, narrativa, teatro, ensaio ou divulgación, entre outras. Cada categoría conta con tres finalistas, e os premios procuran destacar obras que, segundo as entidades organizadoras, “contribúen á diversidade e calidade do sistema literario galego”.

Segundo Cristina Rubal, subdirectora de Bibliotecas e do Libro da Xunta, “Galicia conta cun dos sistemas de librarías máis amplos do Estado e un índice de lectura por riba da media estatal”. Afirmou tamén que o 63,6% da poboación galega le en galego de forma habitual ou ocasional, e que a compra de libros en librarías de proximidade segue sendo o principal canal, cun 73% das compras realizadas por esta vía.

Rubal subliñou que o Goberno galego destina máis de 1,5 millóns de euros anuais a programas de apoio ao libro, entre os que se inclúen campañas de promoción da lectura, subvencións á edición e tradución, e actividades de difusión. A responsable cultural chamou a apoiar o libro en galego: “A cultura é un patrimonio común e o libro galego é unha peza fundamental do noso patrimonio”.

A gala estará presentada por José Barato e contará coa actuación musical do grupo Mister Kule, integrado por Rubén Servide. Dende a organización animaron á cidadanía a seguir a gala, coñecer as obras premiadas e apoiar ao sector adquirindo libros galegos. “O mellor premio é que os libros vivan nas mans de cada lector e lectora”, concluíu Louzao.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here