InicioCULTURADe Ninghures enche este xoves a Sala Capitol para presentar o seu...

De Ninghures enche este xoves a Sala Capitol para presentar o seu novo disco ‘Feira’

A banda galega contará con colaboracións especiais e promete unha noite de música e baile con entradas esgotadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala Capitol prepárase para acoller este xoves un dos concertos máis esperados da tempada. A banda De Ninghures subirá ao escenario para presentar o seu novo traballo discográfico, ‘Feira’, nunha cita para a que as entradas están esgotadas desde hai días.

O concerto contará coa presenza de destacadas colaboracións musicais, como Fillas de Cassandra, Juan de Dios, Ortiga, De Vacas e Anxo Pintos, garantindo unha noite de música e baile sen descanso.

De Ninghures consolidouse como unha das formacións máis representativas da escena musical galega actual, combinando a música tradicional galega con ritmos e influencias doutras culturas, como a latinoamericana ou a magrebí. O grupo destaca pola súa mestura de mestría musical e actitude desenfadada, ademais da súa capacidade para actualizar coplas e melodías populares cunha sonoridade contemporánea.

En 2022, o grupo publicou o seu primeiro álbum, ‘Aquí’, e desde entón non parou de xirar por toda Galicia, con máis de 50 concertos e o lanzamento de varios sinxelos, incluído o tema ‘Morena’, recoñecido como Mellor Música do Ano en Galicia nos Premios Ari(t)mar.

‘FEIRA’: UN NOVO PASO NA SÚA EVOLUCIÓN MUSICAL

Con ‘Feira’, De Ninghures explora novas sonoridades mantendo a súa conexión coa tradición popular galega, pero achegándose tamén a outras culturas. O disco foi producido por Juan De Dios Martín, coñecido polos seus traballos con artistas como Amaral e Xoel López, e pretende ser unha proposta musical que actualiza e reivindica o patrimonio cultural galego no século XXI.

O concerto deste xoves na Sala Capitol promete ser unha experiencia única para o público compostelán, que poderá gozar da fusión de estilos e da forza escénica dunha banda que non deixa de medrar no panorama musical galego e máis alá.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here