InicioCULTURAO Grupo Histagra da USC elaborará para o Goberno un censo estatal...

O Grupo Histagra da USC elaborará para o Goberno un censo estatal de vítimas da guerra e a ditadura

Nun principio será para o período 1936-1939, cunha proposta de ampliación ata 1942

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), vinculado ao centro de investigación Cispac, será o encargado de elaborar para o Goberno de España o censo estatal de vítimas da Guerra Civil e a ditadura para o período 1936-1939 así como unha proposta metodolóxica para preliminar a ampliación temporal do censo ao período 1940-1942, ambos os espazos de tempo con maior número de vítimas mortais.

Nun comunicado, a USC explica que o encargo, que responde ao establecido no artigo 9 da Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática, materialízase no correspondente acordo de colaboración asinado polo reitor, Antonio López, e o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López. Serán os profesores da USC Lorenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea, e Antonio Míguez Macho, decano da Facultade de Xeografía e Historia, quen coordinen o traballo desde o Grupo Histagra.

Para eles, este encargo “supón o recoñecemento a un esforzado traballo de décadas para arroxar luz sobre o período máis negro da Historia recente” co obxectivo de “reconstruír a memoria democrática”. Cun horizonte temporal de tres anos e un financiamento de case medio millón de euros, os traballos do proxecto centraranse na investigación sobre vítimas con resultado de morte, excluíndo aos combatentes.

Así mesmo, gravaranse os datos obtidos na ferramenta Dédalo, que constituirá a base de datos oficial do Censo de Vítimas da Guerra de España e a ditadura. Ademais da elaboración do censo, este proxecto contribuirá á apertura de novas liñas de investigación apoiadas documentalmente, o que fomenta un maior coñecemento da verdade respecto do ocorrido durante a Guerra de España e a posterior ditadura.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...