InicioCULTURACompostela acolle as actuacións de mozos virtuosos da música clásica

Compostela acolle as actuacións de mozos virtuosos da música clásica

O festival 'Goldene Note' trae a cinco dos mozos gañadores do concurso acompañados por unha orquestra sinfónica formada para a ocasión.

Publicado o

Xornal de Compostela
O prestixioso concurso internacional de música clásica ‘Goldene Note’ (A Nota de Ouro), un dos certames máis relevantes do ámbito musical en Austria, chegará por primeira vez ao Estado español o próximo 22 de febreiro, convertendo a Galicia no centro da música clásica da mocidade.
Fundado en 2017, o ‘Goldene Note’ consolidouse nos últimos anos como un dos concursos máis seguidos de Austria, cunha notable repercusión en países como Alemaña. Nas súas transmisións, o concurso alcanza unha audiencia de ao redor de 2 millóns de espectadores, o que supón unha cifra destacada para un país cunha poboación de 8 millóns.
Esta será a primeira vez que o ‘Goldene Note’ chegue España grazas á colaboración entre o Concello de Valga e o Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia). O evento promete enriquecer a escena cultural galega, ofrecendo unha xornada de gran nivel artístico coas actuacións de cinco novos talentos, todos eles menores de 18 anos, gañadores das distintas edicións do concurso. Amelie Jade Knapp (arpista), Mira Hanner (oboísta) e Paul Herbst (pianista) competiron na última edición e Soley Blümel (pianista) e Raphaël Bleuse (violinista) foron galardoados en edicións anteriores.
Estes cinco destacados músicos estarán acompañados por unha orquestra sinfónica formada especificamente para a ocasión, composta maioritariamente por músicos galegos, algúns dos cales son membros da Real Filarmónica de Galicia. A gala será presentada por Leoa König, coñecida presentadora austriaca e fundadora da Asociación Internacional de Música para nenos con altas capacidades.
Os veciños de Valga e o estudantado da USC terá a entrada gratis. Para o público xeral, o prezo das entradas é de 12 euros a través de Vincuticket.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here