InicioCULTURA Sabela Hermida, actriz e bailarina: "Encarnamos personaxes universais do teatro clásico...

[VÍDEO] Sabela Hermida, actriz e bailarina: “Encarnamos personaxes universais do teatro clásico e moderno, dentro dun teatro derruído e sitiado”

Xornal de Compostela publica hoxe unha entrevista a Sabela Hermida, actriz e bailarina que vén de estrear obra no Teatro Principal

Publicado o

Xornal de Compostela

Hoxe conversamos con Sabela Hermida, actriz e bailarina nada en Vigo pero con moita “ourensanía”, que se atopa agora mesmo de xira por Galicia coa obra Guerra, de Teatro do Noroeste, despois da súa recente estrea no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Falaremos con ela dos seus proxectos teatrais e cinematográficos para este 2025, dos seus referentes, das cousas que máis lle gustan… En definitiva, poderemos coñecela un pouco mellor, no persoal e no profesional, grazas a este “que levo na chistera”.

Sabela, cóntanos un pouco desta nova obra de teatro, ‘Guerra’. Como foi a estrea?

Pois Guerra é unha obra de Teatro do Noroeste, escrita e dirixida por Eduardo Alonso. Acabamos de estrear no Teatro Principal de Santiago de Compostela, coa felicidade de ver o teatro cheo durante os dous días de funcións. Agora acabamos de comezar a xira, en Ribadeo, temos as próximas función na Coruña e Narón, e así iremos percorrendo moitas plazas de Galicia nos próximos meses.

A verdade que está sendo unha experiencia moi satisfactoria, da man duns compañeiros e un equipo de luxo.  É unha obra de gran formato, moi potente e que fala das miserias da Guerra, a partires de 6 actrices e actores: Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas, Manuela Varela, Xavier Estéves e servidora, que encarnamos personaxes universais do teatro clásico e moderno, dentro dun teatro derruído e sitiado. Contamos coa marabillosa escenografía e vestiario de Carlos Alonso e coa sensibilidade na composición musical de Bernardo Martínez.

E para 2025 algún proxecto máis que poidas adiantarnos?

Pois a verdade que vou ter un 2025 bastante intenso! Aparte deste e doutros proxectos escénicos, no ámbito cinematográfico, está pendente de estrea unha longametraxe, Entelequias, escrito e dirixido por Darío Autrán, que é a versión cinematográfica da obra de teatro que estrearamos en 2020 baixo a dirección de Xosé Leis, un texto moi potente, co propio Darío, Nerea Brey e máis eu en escena e agora tamén no set!

Tamén se vai estrear unha curtamentraxe moi especial de Gon Caride Un Novo Día, baseada nun relato de Rosalía Fernandez Rial, na que tiven a sorte de participar. Acabamos de recibir a estupenda noticia, ademais, de que forma parte do catálogo Short From Galicia, da Axencia Galega das Industrias Culturais.

E polo demais pois tamén seguirei coa danza, bailando e dando cursos diversos, coas presentacións de eventos e galas e o que vaia surxindo!

ÚLTIMAS

Detidos en Santiago por difundir imaxes íntimas de mulleres

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias...

As obras da nova depuradora avanzan cara á súa entrada en funcionamento no verán

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Santiago de Compostela continúa o...

A Cátedra Rosalía de Castro planta un érbedo no xardín de Fonseca para honrar a memoria da escritora

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Libro, a Cátedra Rosalía de Castro levou...

A Xunta concede 50.000 euros a Boqueixón para mellorar o aparcamento público de Lestedo ante o cambio climático

A Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Boqueixón unha axuda de máis de...

Santiago celebra ‘LeComigo’ este domingo, un encontro para ler en silencio e falar con vinte escritores

Santiago de Compostela acollerá este domingo a iniciativa 'LeComigo', un encontro pensado para reunir...

A obra gañadora do Premio Rafael Dieste chega ás librarías con foco no Hospital de Conxo

A obra Conxo, non restraint, escrita por Alberto Ramos, xa está dispoñible nas librarías...

Os Premios Follas Novas celebran unha década recoñecendo o talento do libro galego

A décima edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase este sábado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here