InicioCULTURAA inxustiza da precariedade laboral levada ao teatro

A inxustiza da precariedade laboral levada ao teatro

Chega a Santiago o próximo sábado 15 de febrero ás 20.30 horas unha obra de teatro que reivindica a falta de emprego digno e denuncia a precariedade laboral actual

Publicado o

Xornal de Compostela

Os luns ao sol amósanos de maneira realista e conmovedora as loitas diarias, a desmoralización e a desesperanza coas que batemos ao tentar atopar traballo nun mercado laboral competitivo e en constante cambio. Fai visible a maneira na que a falta de oportunidades e a presión social afectan ás relacións persoais, á autoestima e á esperanza nun futuro mellor. Os luns ao sol é unha poderosa reflexión sobre como as circunstancias económicas poden moldear a identidade e as relacións humanas. Formula preguntas sobre a xustiza social e o sistema laboral contemporáneo, convidándonos a reflexionar sobre as desigualdades na nosa sociedade.

Esta obra de teatro é unha adaptación teatral do filme gañador do Goya á mellor película, Los lunes al sol (2002). A sinopse da película que podemos atopar en Filmaffinity é a seguinte: nunha cidade costeira do norte de España, á que o desenvolvemento industrial fixo crecer sen medida, Santa (interpretado por Javier Bardem) e outros afectados pola reconversión recorren cada día as rúas, buscando saídas á súa situación precaria. (…) Viven na corda froxa do traballo precario e sobreviven grazas ás pequenas alegrías e rutinas.

As entradas terán desconto para os seguintes grupos: persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

Sábado 15 de febreriro ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia. 

ÚLTIMAS

Acuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta ao río Sar

A presenza dunha espesa escuma branca nas augas do río Sar, ao seu paso...

O Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

O Concello de Boqueixón deu comezo ás obras para a construción de dúas novas...

O Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de bombeiros e policías

O Concello de Santiago convocou este venres unha reunión de traballo cos sindicatos CC.OO,...

UCIN acusa ao Goberno local de “deixamento” ante o caos circulatorio en Milladoiro

A formación UCIN Ames, a través do seu coordinador José Luis Calo, criticou este...

As Xornadas de Ilustración Urbana convidan a redescubrir Compostela a través do debuxo

As Xornadas de Ilustración Urbana regresan esta fin de semana a Santiago de Compostela...

O Museo do Pobo Galego ofrece en novembro unha ampla programación de exposicións, faladoiros e presentacións literarias

O Museo do Pobo Galego inicia o mes de novembro cunha programación diversa que...

A gala aRi[t]mar Galiza Portugal celebra no Auditorio de Galicia o seu décimo aniversario cunha homenaxe á irmandade galego-lusófona

A pasada noite, o Auditorio de Galicia encheuse con máis de 900 persoas para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here