InicioCULTURAFonseca acolle unha exposición sobre a orixe do anime a través da...

Fonseca acolle unha exposición sobre a orixe do anime a través da obra de Tadahiko Horiguchi

A exposición poderá visitarse de luns a venres desde as 11.00 ata as 14.00 horas e desde as 17.00 ata as 20.30 horas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Claustro Alto do Colexio de Fonseca de Santiago acollerá ata o próximo 28 de febreiro unha exposición que explora a orixe do anime a través de 28 pinturas de Tadahiko Horiguchi, un dos fundadores do anime xaponés e discípulo do “deus da manga” Osamu Tezuka. Parte da obra deste “importante creador” poderá visitarse desde este luns grazas á colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas no marco da ‘Cátedra para o Diálogo entre Culturas’.

O encargado de inaugurar a mostra ‘A orixe do Anime na mirada de Tadahiko Horiguchi’ foi o reitor da USC, Antonio López Díaz, nun acto no que tamén participou o presidente de honra da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim, o autor da mostra, Tadahiko Horiguchi, que participou por videoconferencia, o director Ryosuke Takahashi e a pianista Mine Kawakami, entre outros.

Segundo detallou a USC nunha nota de prensa, a mostra está composta por 28 pinturas de Horiguchi realizadas en diferentes formatos e materiais, desde rotuladores, ata lapis de cores, tinta chinesa, tinta de cores ou acuarelas. Así mesmo, explicou que as obras deste artista exploran temas relacionados coa natureza, a cultura e a vida cotiá, “utilizando cores vibrantes e técnicas que capturan a esencia dos suxeitos e a importancia das diferentes luces que se dan ao longo do día”.

Como actividade complementaria da exposición, este mércores celebrarase a conferencia ‘Unha viaxe en primeira persoa pola historia do anime xaponés: dende Astro Boy ata os nosos días’, que ofrecerá Ryosuke Takahashi no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ás 19.00 horas. Con todo, a exposición poderá visitarse de luns a venres desde as 11.00 ata as 14.00 horas e desde as 17.00 ata as 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....