InicioCULTURAO Gaiás recoñece a arte de seis mulleres pioneiras coa exposición 'Outras...

O Gaiás recoñece a arte de seis mulleres pioneiras coa exposición ‘Outras historias posibles’

A exposición conta con obras de 6 artistas contemporáneas e remata o 26 de xaneiro

Publicado o

Por David Marante Manteiga

O pasado 28 de maio presentouse no Gaiás unha exposición que xuntaba o traballo de 6 artistas contemporáneas, nadas nos anos 50 e que destacaron dentro do movemento contemporáneo. Estas artistas son: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré. A finalidade é mostrar a obra destas mulleres, que nunca tiveron unha exposición monográfica adecuada, e recoñecer o seu talento e as súas historias e aportacións artísticas.

Ana García Pan é unha artista coruñesa que destaca polo uso das cores, sendo as grandes protagonistas da súa obra, con formas inexactas e un estilo espontáneo. A través disto reinterpreta o seu contexto social dun xeito irónico e con mensaxes subliminares.

Emilia Guimeráns destaca principalmente polas súas pezas de cerámica, sendo referente no desenvolvemento da cerámica artística en Galicia. A experimentación con este material fai que comece a crear pezas visuais e conceptuais, con estilos abstractos ou figurativos.

Anne Heyvaert nada en Estados Unidos é unha artista marcada polas viaxes, algo que se reflicte nas súas obras, sendo protagonistas caixas de cartón, mapas, notas, obxectos variados, papeis de embalaxe, etc. A súa técnica mestura medios máis tradicionais como o lapis ou o óleo con outros dixitais.

Tusi Sandoval, orixinaria de Pontevedra, comeza a súa obra pictórica con anaco de pel rota no chan, o que a leva a experimentar coa pintura e este material. A súa colección ten certos parecidos ao ‘patchwork’, pois utiliza peles heteroxéneas e a pintura percíbese como un colaxe.

Blanca Silva, procedente da Coruña, é unha artista autobiográfica. Cunha base autodidacta as súas pezas xorden da necesidade da expresión das emocións e dos soños. A súa obra caracterízase por un estilo surrealista e xira arredor de temas como a maternidade, á perda da autonomía, a súa experiencia como muller, etc.

Laura Terré, recoñecida polo seu uso de óleos aos que lles aporta un efecto fotográfico, así como fai coas súas xilografías, obras caracterizadas polas escenas protagonizadas por personaxes sen identidade e conxelados no tempo. A fotografía serve como base para a reinterpretación no lenzo, pasando a ser só siluetas que comunican os aspectos máis emocionais.

A diversidade de estilos e de historias fai desta unha exposición interesante á par de necesaria, pois axuda a poñer en valor mensaxes e o máis importante, a artistas, que foron innovadoras e rompedoras. Dándolles espazo están tamén dándolles o recoñecemento que no seu momento, polo contexto social, non recibiron.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here