InicioCULTURAO Camiño en inverno e o Camiño de Inverno

O Camiño en inverno e o Camiño de Inverno

As diferenzas entre facer o Camiño en inverno e o Camiño de Inverno

Publicado o

Xornal de Compostela

Coa chegada de xaneiro chegan tamén os propósitos de aninovo. Facer o Camiño de Santiago é un deles para moita xente, mais sempre o deixan para unha tempada con temperaturas máis agradables como a Semana Santa ou verán. Hoxe falaremos das vantaxes e desvantaxes de facer o Camiño de Santiago en inverno e o coñecido Camiño de inverno.

O CAMIÑO EN INVERNO

Por un lado, ao facer o camiño en meses como xaneiro ou febreiro, encontrarémonos cun camiño máis solitario, pois non encontraremos apenas peregrinos. Isto nos permitirá reflexionar e facer unha viaxe máis íntima. Ademais, superar o camiño cun tempo inestable pode supor un desafío máis que lograr.

Por outro lado, debes ter en conta que haberá poucos servizos, xa que, ao ser tempada baixa, algúns establecementos pechan. Non obstante, a maior desvantaxe son as poucas horas de luz que terás para completar os quilómetros do día e a inestabilidade do tempo, que pode incidir negativamente en certas Rutas Xacobeas que se consideran perigosas nestes meses de xeada por se encontrar nevadas.

Sabendo isto, anímaste a non deixar esquecido o teu propósito de facer o Camiño de Santiago este ano e cumprilo no primeiro mes do ano?

O CAMIÑO DE INVERNO

Como o seu nome ben indica, esta ruta naceu en inverno, mais non é apta para realizala nesta época. Isto se debe a que é unha ruta moi pouco coñecida e concorrida, polo que non encontrarás os servizos mínimos para cumprir as túas necesidades durante a viaxe.

Esta ruta vai desde Ponferrada ata Santiago de Compostela e supón o mesmo traxecto que facían os peregrinos en inverno durante a Idade Media para evitar as zonas nevadas do Camiño Francés. 

Esta alternativa pasa polas catro provincias galegas en 200 km nos que pasaremos polo gran patrimonio da humanidade das Medulas, en León; chegaremos ao Barco de Valdeorras, Ourense, ao cuarto día; ao día seguinte pasaremos por Montefurado, Lugo; tras uns días chegaremos á Feira, Pontevedra; e tras pasar Lalín, cruzaremos á provincia de A Coruña ata chegar a Vedra; e, para rematar, ao día seguinte xa teriamos completado o noso Camiño de Inverno chegando ata a esperada catedral.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here