InicioCULTURAO Galiverso enteiro está dentro da Cidade da Cultura

O Galiverso enteiro está dentro da Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia impulsa un proxecto de realidade virtual co obxectivo de potenciar o noso patrimonio material e inmaterial de maneira inmersiva no que poderemos visitar sitios inaccesibles como a Cova de Eirós ou visitar as profundidades das nosas augas

Publicado o

Xornal de Compostela

QUÉ É O PROXECTO GALIVERSO E A SÚA ORIXE

Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emplea as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural etc.) dunha maneira diferente.

Ao poñer as lentes dispónse un mapa virtual de Galicia que permite seleccionar as experiencias que van acompañadas de textos e audios explicativos en galego, castelán e inglés. A duración de cada sesión individual é duns 20 minutos máximo e durante a mesma pódense vivir unha ou varias das experiencias de realidade virtual ofertadas.

CANTOS GALIVERSOS HAI?

Dentro do Galiverso é posible viaxar polos 12 destinos de gran valor cultural, histórico e paisaxístico que ofrece o mapa do Galiverso empeza aquí ou subir no batiscafo virtual e explorar os fondos mariños da costa galega no Galiverso somerxido. Tamén temos a oportunidade de viaxar ao pasado e camiñar polas rúas do vello Portomarín tal como eran antes de que a antiga vila fose anegada pola construción do embalse de Belesar, visitar marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas como a cova de Eirós, a praia de Eixádelo, Penedo de Noiteboa ou a cova do Rei Centolo no Galiverso no corazón de pedra ou os 11 centros que forman parte da Rede de Museos de Galicia no Galiverso dos Museos.

Galiverso empeza aquí

Galiverso empeza aquí en Santiago de Compostela - web da Cidade da Cultura
Galiverso empeza aquí en Santiago de Compostela – web da Cidade da Cultura

A primeira experiencia do Galiverso inaugurouse na Cidade da Cultura no outubro de 2022. Contaban con 12 escenarios nos que podían visitarse monumentos, espazos naturais e sitios de gran valor cultural, histórico e turístico das catro provincias galegas, como:

  • O atardecer desde o Faro de Fisterra
  • O interior da lanterna da Torre de Hércules
  • A cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela
  • A muralla romana de Lugo
  • A torre de Xiá en San paio de Narla (Lugo)
  • O templo romano subterráneo de Santalla de Bóveda (Mera, Lugo)
  • O interior dunha palloza en O Cebreiro (Lugo)
  • O Mosteiro de Santa María a Real de Oseira (San Cristoonvo de Cea, Ourense)
  • O canón do Sil entre as provincias de Ourense e Lugo
  • O Mosteiro de san Esteban de Ribas de Sil (Ourense)
  • Os tellados da Catedral de Tui (Pontevedra)

Galiverso somerxido

Realidade virtual entre golfiños no Galiverso Somerxido -web da Cidade da Cultura
Modelado de dúas baleas mariñas - web da Cidade da Cultura
Modelado de dúas baleas mariñas – web da Cidade da Cultura

Unha oportunidade para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas.Unha travesía que busca tamén concienciar sobre a importancia histórica, económica e medio ambiental dos nosos mares e a necesidade de coidala.

Realizáronse un total de 18 inmersións en 12 xornadas que incluíron probas de iluminación, a fotogrametría de máis de 200m2 do fondo mariño e vídeos en 360º realizados con distintos tipos de cámaras e un ROV submariño.

Ademais, realizouse un modelado en tres dimensións de diversas especies mariñas que viven nas nosas augas coa axuda de expertos en bioloxía, para asegurar o realismo tanto no seu aspecto como no seu hábitat e conduta. Un reto especial foi a creación dun banco de 35.000 peces (sardiñas) e a simulación do seu comportamento mediante intelixencia artificial.

Galiverso no corazón da pedra

Cova do Rei Cintolo – El Correo Gallego

Nesta ocasión o proxecto Galiverso propón unha viaxe ao interior da nosa terra para descubrir marabillas naturais, arqueolóxicas, etnográficas e históricas do noso territorio, onde a pedra será a protagonista.

A través de Galiverso no corazón da pedra ao poñerte as lentes, só tes que elixir no mapa virtual un dos destinos que ofrece a experiencia accedendo sen riscos a lugares inaccesibles como:

  • A cova de Eirós, cos seus gravados e pinturas rupestres
  • Algunhas das salas máis espectaculares da cova do Rei Cintolo
  • Xacemento romano de Aquis Querquennis
  • A praia de area negra de Teixedelo
  • O afloramento granítico do Penedo de Noiteboa.

Galiverso dos museos

Cadro de Lugrís – Museo de Belas Artes de A Coruña

Esta nova montaxe permite entrar nunha versión virtual dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas, e desde este escenario virtual, observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas que conservan. Tamén é posible introducirse dentro da paisaxe pintada por Ugrís no cadro Marina Surrealista, que se exhibe no Museo de Belas Artes de A Coruña.

Ao colocar as lentes de realidade virtual, desprégase un mapa onde aparecen localizados os once centros que forman parte da Rede de Museos da Xunta:

  • Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
  • Museo do viño de Galicia
  • Museo Pedagóxico de Galicia
  • Conxunto Etnográfico do Cebreiro
  • Museo do Castro de Viladonga
  • Museo Massó
  • Museo do Mar de Galicia
  • Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Museo de Belas Artes de A Coruña
  • Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
  • Museo de las Peregrinación e de Santiago.

COMO ENTRAR NO GALIVERSO E A SÚA INCLUSIVIDADE

Para entrar no Galiverso é necesario ter como mínimo oito anos de idade —as nenas e nenos menores de 12 anos deben estar acompañados durante a experiencia dunha persoa adulta responsable— e reservar praza, gratuitamente, no Museo Centro Gaiás ou a través de Ataquilla. A sala do Galiverso está aberta na Cidade da Cultura de martes a venres en horario de tarde de 16 a 20 horas, así como sábados, domingos, e festivos (excepto luns), 11.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso péchase media hora antes (14.00h pola mañá e 19.30h pola tarde).

Para aquelas persoas con dificultades de visión e auditivas, o Galiverso dos Museos emplea tecnoloxías e dispositivas que lles permiten acceder á experiencia dunha maneira adaptada. Neste sentido, a sala inclúe unha zona táctil na que pode “ ver coas mans” réplicas impresas en 3D de catro dos obxectos pertencentes aos museos que foron recreadas tamén na experiencia virtual. Unha aplicación deseñada pola Universidade de Vigo explica ás usuarias e usuarios o funcionamento deste espazo, no que tamén haberá auriculares de vía ósea e de bucle magnético para que as persoas con dificultades auditivas poidan escoitar as instrucións.

 

 

 

ÚLTIMAS

Liberan a unha persoa atrapada tras un choque frontal en Ames

Os servizos de emerxencia liberaron este luns a unha persoa que quedara atrapada tras...

Compostela conmemora os 75 anos do pasamento de Castelao cun acto no Panteón de Galegos Ilustres

Santiago de Compostela acollerá mañá, martes 7 de xaneiro, un acto cívico en recordo...

A Unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves no Polígono do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) anunciou que o vindeiro xoves, 9 de...

Santiago honra a Valle-Inclán e Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca

O cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, acolleu as ofrendas florais para conmemorar...

Compostela conmemora os 75 anos do pasamento de Castelao cun acto no Panteón de Galegos Ilustres

Santiago de Compostela acollerá mañá, martes 7 de xaneiro, un acto cívico en recordo...

(VÍDEO) O Son do Camiño volve a ser obxecto de debate entre os afeccionados á musica

Despois de que hai un mes, o festival O Son do Camiño puxese á...

A Cidade da Cultura impulsa a accesibilidade cunha visita inclusiva á exposición ‘Unha vida viquinga’

A Cidade da Cultura, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here