InicioCULTURAA Cidade da Cultura celebra o Nadal cun poboado viquingo e espectáculos...

A Cidade da Cultura celebra o Nadal cun poboado viquingo e espectáculos infantís

O Gaiás ofrecerá actividades interactivas, realidade virtual e eventos musicais para toda a familia durante as festas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela organiza este Nadal un programa inspirado no ‘Yule nórdico’, enmarcado na exposición ‘Unha vida viquinga’. Entre as actividades destacadas, recrearase un poboado viquingo, no que se desenvolverán talleres infantís de xoiaría e tatuaxes temporais, entre outras propostas lúdicas e culturais. As actividades comezarán o vindeiro martes, 3 de decembro.

No programa do Gaiás sobresae o ‘Gran Circo de Nadal’ da Festa Escénica, que chegará ao complexo cultural o 27 de decembro para estrear a súa nova xira. O espectáculo inclúe números clásicos de circo con acrobacias aéreas, música e coreografías, acompañados de elefantes e osos mecánicos.

O sábado 4 de xaneiro, a música tomará o protagonismo co concerto de Nadal de A Gramola Gominola, unha banda de referencia para o público infantil en Galicia, que presentará o seu último disco. Ambos os espectáculos teñen as entradas dispoñibles por cinco euros, que se poden adquirir en Ataquilla ou na web da Cidade da Cultura.

Outro dos atractivos será o regreso do ‘Galiverso de Nadal’, unha experiencia de realidade virtual pensada para nenos e nenas a partir dos 6 anos, que lles permitirá explorar de forma interactiva a casa do Apalpador, unha figura tradicional do Nadal galego. A actividade será gratuíta, aínda que será necesario reservar praza previamente en Ataquilla ou no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que presentou o programa este sábado no marco do Culturgal, destacou que o obxectivo das actividades é ofrecer unha alternativa cultural e familiar durante as festas. Desde talleres temáticos ata espectáculos interactivos, a Cidade da Cultura busca consolidarse como un punto de encontro para gozar dun Nadal diferente en Compostela.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...