InicioCULTURAEntrevista-pimpón a Xurxo Souto tras o visionado do seu documental 'BRAVÚ XXX'

Entrevista-pimpón a Xurxo Souto tras o visionado do seu documental ‘BRAVÚ XXX’

Descubre as respostas de Xurxo Souto sobre o Bravú, os seus gustos e a música galega actual

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Tras o visionado do documental BRAVÚ XXX no Centro Xove da Almáciga, Xurxo Souto participou nun coloquio acompañado de Rosabel Candal (Nós Televisión), onde respondeu a preguntas sobre a produción do filme e o impacto do movemento Bravú ao longo destes trinta anos. Durante a charla, o público non só puido coñecer de preto a traxectoria e as reflexións dun dos grandes referentes da música galega, senón tamén compartir as primeiras impresións que do documental que se poderá ver na canle de Youtube de Nós Televisión a partires do 11 de decembro. 

Para pechar o evento, o coñecido por ser integrante de Os Diplomáticos de Monte-Alto, Xurxo Souto, acompañado de Manolo Maseda, deleitou ao público interpretando algunhas pezas musicais que evocaron os anos dourados do Bravú. Ao rematar, Souto prestouse a unha entrevista “pim-pom” co Xornal de Compostela, na que desvelou curiosidades como a súa predilección polo licor café de caña, cal é o seu libro favorito, o que pensa ao escoitar “Bravú” e o seu grupo galego preferido na actualidade.

Todo isto e máis no seguinte vídeo. Non o perdas!
´

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here