InicioCULTURASabela Ramil: "Cando saco un disco xa estou na miña mente escoitando...

Sabela Ramil: “Cando saco un disco xa estou na miña mente escoitando o seguinte”

Xornal de Compostela entrevista á artista lucense que presenta en Santiago o seu novo EP dentro da súa xira ‘Hi, My Love Part‘

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Sabela Ramil Rivera, coñecida como Sabela, é unha cantante e compositora galega que saltou á fama a partir da súa participación na edición do ano 2018 de Operación Triunfo, onde destacou pola súa autenticidade e por unha voz rasgada de estilo popular. Nacida en Bravos (Ourol) en 1993, a súa traxectoria artística combina a música galega de raíz coa exploración de sons contemporáneos como o pop e a electrónica. Alén do seu talento musical, Sabela é graduada en Terapia Ocupacional e ten formación en musicoterapia, integrando estas facetas na súa visión da música como unha experiencia de vida e sanación. Este venres actuou en Compostela, na sala Riquela presentando o seu novo EPXornal de Compostela achegouse polo concerto para conversar coa artista.

Que significa para ti actuar en Santiago?

Principalmente, como é unha cidade tan histórica e para min tan inspiradora sempre é un lugar moi especial por iso. Eu penso en que por aquí pasaron moitos artistas, autores, e autoras, que crearon e inspiraron a moita xente. Principalmente é inspirador. Despois hai ese punto de todos os meus amigos que estudaron en Santiago, entón tiña ese punto de saír, pasalo ben e ter mogollón de recordos. Ao final faime moita ilusión porque me recontro con moitos deles.

Queríache preguntar sobre ‘Eu espero aquí’, o teu novo sinxelo. Marca unha nova etapa na túa carreira. Que significa para ti facer unha colaboración, como é neste caso con Ed is Dead, e como defines a túa evolución dende os teus inicios ata agora nese sentido?

O traballo con Edu para min foi un punto de inflexión de cara a seguir avanzando e explorando na miña música. El é unha persoa experimentada e cando empezas a traballar con outra persoa, esta apórtache a súa visión. Para min foi un momento moi importante tamén de alento para seguir.

Definiríaa máis ben como algo natural. Para min é unha traxectoria que normalmente se escoitas un disco, despois o seguinte e despois o seguinte, xa ves tintes do seguinte máis.

En realidad cando sacas un disco xa ves e xa estás preparando o seguinte. Os tempos son moi amplos dende que creas, compós, produces, ata que despois sae todo, entón ti en realidade xa estás escoitando o seguinte.

Actualmente fusionas na túa música sons electrónicos e tradición galega. Estas son cousas ás que xa nos imos acostumando máis en Galicia e cada vez se escoita máis este estilo. Isto se cadra fíxoche gañar espazos en festivais galegos. Como ves o impacto que está tendo a música galega no panorama musical en xeral?

En xeral creo que está a vivir un momento moi bo porque eu creo que xa o merecía, porque eu creo que a música galega é unha música moi diversa e moi rica. Non é a música galega un estilo único. Ademais, creo que na miña música hai moita raíz, pero eu creo que non é o que predomina. Eu uso a lingua galega, uso a raíz, pero non é como outros proxectos que ao mellor se identifican moito máis puro. Eu lévoo moito máis á onda do pop e da electrónica, un estilo ao mellor máis nostálxico.

Uso o galego porque é a miña lingua natural e porque, como dicíamos antes, non é un estilo ou un xénero único. Por iso tamén está vivindo un bo momento, porque está nun momento moi diverso a nivel musical. Está medrando moito e quédalle por medrar.

Cantas habitualmente sobre temas profundos e de carácter bastante introspectivo, como podemos ver en Ceniza. Que mensaxe buscar ti transmitir coas túas cancións? Por que escolliches esta temática e este tipo de mensaxes?

Todos os artistas vivimos no mesmo mundo. O que cambia penso que é como recibes toda esa información, como a transformas dentro de ti e como a entendes. E iso creo que é o que diferencia un artista doutro. Entón eu non é tanto que elixa senón que necesito expresar ese tipo de cousas, sentimentos ou emocións. Entón máis ben elíxenme eles a min. Eu non me poño e digo: vou facer un tema sobre esta historia… En realidade é algo que sinto que estou vivindo ou que vivín, e que me elixe el a min para sacar en forma de música.

Hai moito de ti entón nas mensaxes da túa música?

Todo. Eu non entendo a música e o arte sen relacionalos coa verdade e a experiencia propia.

O autor ou artista sempre está na súa música. Outra cousa é que ao mellor contes unha historia que che pasara a ti, pero que ti recibises por algún motivo, pero sempre vas estar. A túa forma de vela e comunicala é moi personal.

Eu tamén compoño de forma diferente se é para min ou se é para outro proxecto no que compoño para outros artistas e entón xa me poño dende outra perspectiva. Pero ao final a túa sempre está.

A túa outra vocación é a Terapia Ocupacional. Foi o que estudaches ti. Traballaches tamén con musicoterapia… Ves a música como unha forma de sanación?

Máis que de sanación a terapia en si é como unha facilitación, un xeito de acompañar e de facilitar a vida, de sanar e curar… Para sanar ao mellor emocionalmente e psicoloxicamente si que é unha ferramenta moi boa. Non o digo eu, dio a evidencia, porque ao final a música entra directamente. Non hai capas que fagan que entre ou que non. Vai directamente hacia ese punto emocional e de feito moitas veces sobrepásanos porque non podes controlar.

ÚLTIMAS

Reaccións á restitución das estatuas: “é o traballo de moita xente” di o exasesor xurídico do Concello de Santiago

"É un éxito de moita xente, do traballo de varios equipos, gobernos, grupos e...

Sanidade espera que o novo decano de Medicina finalice o mandato como o único de toda Galicia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, desexou "sorte" ao novo decano da Facultade...

San Pedro sae á rúa: guía día a día das súas festas

O barrio de San Pedro prepárase para vivir unha nova edición das súas festas,...

Paralizan as obras da Intermodal de Santiago para denunciar a negativa da patronal da construción a negociar

As obras da estación intermodal de Lugo víronse interrompidas durante unha hora este xoves...

San Pedro sae á rúa: guía día a día das súas festas

O barrio de San Pedro prepárase para vivir unha nova edición das súas festas,...

Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro actúan este sábado en Santiago no Festival Acento

O Festival Acento volve este sábado 21 de xuño á terraza da sede da...

Santiago impulsa o programa ‘Compostela Convive’ para fomentar a convivencia intercultural

O Concello de Santiago presentou este martes unha nova edición do programa 'Compostela Convive',...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here