InicioCULTURAO Gaiás énchese de tinta ao recibir a maior mostra internacional sobre...

O Gaiás énchese de tinta ao recibir a maior mostra internacional sobre tatuaxes, con máis de 240 pezas de 20 países

'Tattoo. Arte baixo a pel' poderá verse na Cidade da Cultura ata o 20 de abril de 2025.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este xoves na Cidade da Cultura a exposición ‘Tattoo. Arte baixo a pel’“a maior exposición internacional sobre tatuaxes desenvolvida ata o momento”. A mostra ábrese ao público no Gaiás tras ser visitada por máis de dous millóns de persoas no seu percorrido por museos e institucións culturais de Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwan, Rusia e os centros de Fundación ‘La Caixa’ en España.

O titular de Cultura da Xunta remarcou a “relevancia” de traer a Galicia unha mostra que profunda nas orixes e evolución dunha práctica presente en practicamente todas as culturas humanas do mundo e que esperta un “crecente interese” desde ámbitos diversos como o antropolóxico, o artístico e o social. A exposición poderá visitarse ata o 20 de abril de 2025, gratis, no Museo Gaiás.

MÁIS DE 240 PEZAS DE 20 PAÍSES

A mostra está composta por máis de 240 pezas históricas e contemporáneas procedentes dunha vintena de países. Entre elas, atopamos obxectos rituais e decorativos, fotografías, debuxos, pinturas, utensilios de tatuar tradicionais e 26 modelos hiperrealistas de silicona tatuados por algúns dos mellores artistas actuais da tatuaxe.

No acto participaron tamén a comisaria da mostra, Anne Richard, e a directora de Desenvolvemento Cultural do musée du Quai Branly-Jacques Chirac, Christine Drouin, institución promotora da exposición. Tamén estivo o artista da tatuaxe e coleccionista holandés Henk Schiffmacher, coñecido popularmente como Hanky Panky, investigador da tatuaxe tradicional no mundo e tatuador de celebridades como Lady Gaga, Red Hot Chili Peppers ou Mötorhead.

En palabras da comisaria, a exposición representa un itinerario xeográfico e histórico co que explorar os motivos polos que se practicaba a tatuaxe nas culturas tradicionais, a súa asociación histórica con grupos criminais e marxinados, como a mafia xaponesa ou as bandas latinas, e finalmente a súa expansión como fenómeno estético e manifesto de individualidade.

Móstranse exemplos de tatuaxes realizadas por motivos relixiosos e mesmo máxicos, como os yantras tailandeses, considerados un talismán protector contra balas, accidentes e enfermidades que levan celebridades como a actriz Angelina Jolie. Tamén selos empregados polos cristiáns para tatuaxes que realizaban ao acabar unha peregrinación ou como símbolo de identidade que só eles coñecían. “Unha práctica que hoxe vemos nas cunchas de vieira ou a cruz de Santiago que deciden levar no seu corpo moitas das persoas que completan a ruta xacobea”, sinalou o conselleiro respecto diso.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...