InicioCULTURAUn profesor da USC publica catro textos xacobeos inéditos

Un profesor da USC publica catro textos xacobeos inéditos

O volume recolle catro textos sobre Santiago o Maior, anteriores ao Códice Calixtino

Publicado o

Xornal de Compostela

O profesor Joel Varela Rodríguez, da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de publicar en USC Editora o libro titulado “Máis aló do Códice Calixtino. Outros textos ao redor de Santiago o Maior ata o século XII”, onde recolle catro textos xacobeos inéditos que preceden ao famoso Códice Calixtino, guía medieval de peregrinacións.

No volume tamén se inclúen textos coñecidos e revisados que permiten profundar no estudo do culto a Santiago desde os seus inicios ata o ano 1200. Estes textos preséntanse tanto na súa versión orixinal como en tradución e van acompañados de comentarios e unha introdución histórico-literaria detallada.

Este proxecto de investigación recibiu apoio da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, a través da V Convocatoria de Axudas á Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións-2023, froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia.

Entre os documentos máis destacados están catro novas versións da Translatio sancti Iacobi, relato da translación de Santiago, datadas na segunda metade do século XI e conservadas en manuscritos fóra da península. Ademais, inclúese a Concordia de Antealtares, unha versión extensa do achado da tumba de Santiago, transcrita agora a partir do documento máis antigo do Arquivo Histórico Universitario da USC.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...