InicioCULTURAO día que o "Rei das alturas" conquistou a Berenguela

O día que o “Rei das alturas” conquistou a Berenguela

O granadino José Puertollano conquistou a Catedral De Santiago en 1909 ante a mirada do rey Alfonso XIII

Publicado o

Por Marta Balado Simó

No ano 1909, Santiago de Compostela e os seus habitantes foron testemuñas dun feito insólito e único que quedou gravado na memoria colectiva da cidade. José Puertollano, ou máis coñecido como o “Rei de las alturas”, decidiu escalar sen ningún tipo de protección a Torre da Berenguela, a torre do reloxo da Catedral de Santiago. Estaba a ter lugar a Ofrenda ao Apóstolo e os actos organizados con motivo da inauguración da Exposición Rexional Galega cando José sorprendeu á multitute congregada na Praza do Obradoiro ao trepar pola estrutura, chegando á parte máis alta da torre.

Puertollano, un granadino que se adicaba a escalar torres de igrexas e catedrais por toda España, fíxoo nesta ocasión ante a atenta mirada do rei Alfonso XIII, acompañado do presidente do Goberno, Antonio Maura, e o alcalde, Francisco Piñeiro.

O granadino pedira con anterioridade permiso ao cabildo para realizar a súa particular performance, pero este foi denegado. Ante a negativa, José escalou pola noite e quedou atado ao pararaios, situado a 72 metros de altura. Pola mañá, mentres todo o mundo prestaba atención aos actos oficiais, gritou “Majestad!” e realizou un exercicio de acrobacias que deixou atónito a todo alí presente.

O seu atrevemento permitiulle achegarse ao monarca e pedirlle permiso para escalar todas as torres do país. Así, comezou a compaxinar os escaladas co seu traballo no circo Feijoo. Ademáis, o arzobispado contratouno para pintar torres, enderezar pararraios e outras actividades nas alturas durante oito anos. Dende ese momento creaouse a lenda do “home araña”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here