InicioCULTURAConvócase o XI Concurso 'A Ciencia en imaxe' dirixido a toda a...

Convócase o XI Concurso ‘A Ciencia en imaxe’ dirixido a toda a comunidade universitaria da USC

O certame, organizado pola RAGC e varias facultades da universidade, premiará as mellores fotografías divulgativas sobre ciencia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC anuncian a convocatoria do XI Concurso ‘A Ciencia en imaxe’. Este certame, que se celebra con motivo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias, está dirixido a toda a comunidade universitaria da USC e busca premiar as mellores fotografías divulgativas relacionadas co ámbito científico.

As persoas interesadas en participar deberán enviar as súas fotografías, xunto co formulario de inscrición, ao correo indicado antes do 10 de novembro. As bases do concurso establecen que as imaxes deben ser orixinais e inéditas, sen ter sido publicadas previamente en ningún medio. Admitirase unha única fotografía por participante, que deberá estar en formato jpg e non superar os 5 MB. Non se permiten fotomontaxes, aínda que si pequenas correccións de cor e luminosidade.

O xurado estará composto por representantes das facultades organizadoras e un membro da RAGC, podendo contar tamén coa colaboración dunha persoa experta en imaxe. As fotografías serán valoradas tendo en conta a súa orixinalidade, estética, capacidade de comunicación e adecuación á temática científica. Os gañadores recibirán un primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros.

Os premios entregaranse o 14 de novembro durante a celebración de San Alberte Magno na Aula Magna da Facultade de Química. O fallo do xurado publicarase no Taboleiro Electrónico da USC e na páxina web da facultade de Química.

Para máis información e consulta das bases, os interesados poden acceder á páxina web da USC.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here