InicioSANTIAGOO Casino de Santiago inicia en novembro clubs de lectura e debates...

O Casino de Santiago inicia en novembro clubs de lectura e debates sobre obras finalistas do XVIII Premio Novela Europea

Os debates, segundo informaron, terán lugar na sala de ámbito cultural do Corte Inglés de Santiago, que cede o espazo para esta iniciativa

Publicado o

Xornal de Compostela

Os clubs de lectura e debates sobre as novelas finalistas do XVIII Premio Novela Europea Casino de Santiago arrincarán o luns 25 de novembro con ‘Coa man esquerda’, de Xabier Quiroga.

Así o anunciaron este martes nunha rolda de prensa celebrada no Café Casino, algúns dos responsables e patrocinadores do certame como o presidente da Asociación Cultural Casino de Santiago, Ubaldo Rueda; as responsables do Comité de lectura, Maribel Martín, Loli Sans e Marian Rei; a responsable da Biblioteca José Saramago, Lupe Rodríguez e a Directora de Comunicación do Corte Inglés en Galicia e Asturias. Estiveron acompañados ademais do secretario xeral de Lingua, Valentín García.

Os debates, segundo informaron, terán lugar na sala de ámbito cultural do Corte Inglés de Santiago, que cede o espazo para esta iniciativa.

Tras a obra de Quiroga, leste mesmo lugar acollerá o debate ao redor de ‘As singularidades’, de John Banville, o 22 de xaneiro de 2025. Séguenlle ‘Os reis da casa’, de Delphine de Vigan, o mércores 19 de febreiro; ‘A neta’, de Bernhard Schlink, o 26 de marzo; e ‘As despedidas’, de Jacobo Bergareche, o 23 de abril.

A partir do día seguinte ao último debate, o 24 de abril, abrirase o prazo de votacións, que permanecerá activo ata o 7 de maio.

Os Clubs de lectura da cidade que participarán nesta campaña son: seis Clubs dos Centros Socioculturais de Santiago, un da Biblioteca Ánxel Casal e os Clubs ‘Onas dás Letras’, ‘Do caderno’ e ‘As Meigas’.

Na rolda de prensa, Valentín García ha destado a importancia da participación no certame doutras entidades como librarías, comercios e centros socioculturais para fomentar así a adhesión da sociedade á iniciativa.

Nesta liña, para a edición deste ano habilitarase un préstamo de libros no propio Café Casino.

Pola súa banda, Ubaldo Rueda lembrou o obxectivo que perseguen con esta iniciativa, unha Europa “fraternal e plural”, “achegando un saber estar entre diferentes sensibilidades que se empeza a botar de menos”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...