InicioCULTURASantiago homenaxea a Begoña Caamaño no décimo aniversario do seu falecemento

Santiago homenaxea a Begoña Caamaño no décimo aniversario do seu falecemento

O evento 'Celebrando Begoña Caamaño, 10 anos connosco' terá lugar o 27 de outubro no Teatro Principal coa participación de artistas e escritoras

Publicado o

Xornal de Compostela

O próximo 27 de outubro, ás 18:00, o Concello de Santiago organiza un acto de homenaxe á escritora e activista Begoña Caamaño, co gallo do décimo aniversario do seu falecemento. O evento, titulado ‘Celebrando Begoña Caamaño, 10 anos connosco’, terá lugar no Teatro Principal da capital galega e contará coa participación de figuras destacadas do panorama cultural galego.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto coa concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e a actriz Tero Rodríguez, presentaron este venres o acto nunha rolda de prensa. Sanmartín destacou a relevancia de Begoña Caamaño para Santiago e Galicia, lembrándoa como unha ‘figura de profundidade’ que deixou unha pegada como escritora, xornalista cultural, feminista e antimilitarista.

O evento incluirá un percorrido pola obra literaria e poética de Caamaño, con pezas como ‘Morgana’, o ‘Alalá das Mariñas’ e o ‘Libro das Amigas’, interpretadas por artistas como Ana Romaní, Andrea Nunes, Guadi Galego, Tero Rodríguez e Uxía. Aparte das intervencións literarias, os asistentes poderán escoitar un tema musical inédito, ‘Morgana’, composto por Uxía e Magín.

A alcaldesa animou á cidadanía a participar no evento, sinalando que ‘queremos que sexa unha festa; sería o que a ela lle gustaría’.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...