InicioPOLÍTICAXavier Coller reflexiona sobre a teatralización da política en España: "Galicia ten...

Xavier Coller reflexiona sobre a teatralización da política en España: “Galicia ten o índice máis alto de desacordo parlamentario”

O politólogo presentou o seu libro no Ateneo de Santiago acompañado por Ramón Villares, Nieves Lagares e Xosé Ramón Pousa

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O catedrático de Ciencia Política da UNED, Xavier Coller, presentou onte no Ateneo de Santiago o seu libro La teatralización de la política en España, onde explora a dicotomía entre a percepción de conflito constante e a realidade de cooperación nas cámaras parlamentarias. Segundo Coller, “a política parlamentaria é, en parte, un escenario no que se amosa un alto grao de consenso, aínda que desde os medios parece que todo está cheo de conflitos e insultos”.

Coller destacou unha das principais conclusións do seu estudo en declaracións a Xornal de Compostela: “Dá a sensación de que a política se converteu nun problema para os cidadáns debido á imaxe de constantes broncas, abucheos e insultos que transmiten os medios”.

Así mesmo, durante a presentación do seu libro no salón de actos de Afundación, sito na rúa do Vilar, matizou que “cando analizamos, vemos que máis do 85% das leis que se aproban nas cámaras parlamentarias fanse cun amplo consenso, a pesar da percepción de conflito constante”. Este desfasamento entre percepción e realidade é o que o autor chama ‘teatralización’, un fenómeno que, segundo el, “provoca a desafección cidadá cara á política”.

Ademais, Coller indicou que o seu traballo tamén revela diferenzas rexionais significativas. Fixo principale fincapé en Galicia: “En Galicia está o índice máis alto de desacordo parlamentario, mentres que comunidades como Catalunya ou Canarias destacan polo seu maior grao de consenso”. Aínda que non quixo aventurarse a dar unha explicación definitiva sobre os motivos deste fenómeno na comunidade galega, sinalou que “depende moito do clima político e da composición das cámaras, así como das maiorías gobernamentais”.

EROSIÓN DA DEMOCRACIA

Unha das principais preocupacións de Coller é o impacto que ten esta teatralización no sistema democrático. “A percepción dos propios parlamentarios que entrevistei é que a teatralización excesiva erosiona a confianza na política. Este comportamento, que inclúe insultos, violencia verbal e ameazas, leva á cidadanía a desprestixiar a profesión de político, o que pode ter consecuencias graves para o funcionamento democrático’. Para o catedrático, a teatralización non só afecta á credibilidade dos partidos e gobernos, senón que tamén ‘contribúe á polarización e á radicalización, erosionando a confianza nas institucións e mesmo na democracia como sistema político”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here