InicioECONOMÍAA USC convoca axudas de manutención para o curso 2024-25 cun orzamento...

A USC convoca axudas de manutención para o curso 2024-25 cun orzamento de 520.000 euros

O prazo para solicitar os bonos de comedor estará aberto ata o 17 de outubro e permitirá obter menús diarios ou para levar

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de abrir a convocatoria de axudas de manutención para o curso 2024-25, que busca sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor. Estes bonos serán intercambiables por un menú diario durante a franxa horaria do mediodía, con opcións adicionais de menús para levar de luns a xoves ou incluso dous os venres, en días lectivos conforme ao calendario escolar.

A universidade destina 520.000 euros a esta medida, un lixeiro incremento con respecto ao curso anterior. A iniciativa, que se iniciou en 2020 debido á crise da COVID-19, mantense vixente pola persistencia da crise económica e a escalada de prezos que afecta a produtos básicos. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 17 de outubro de 2024 e o procedemento completo pode consultarse na páxina web oficial da USC.

Estas axudas están dirixidas ao estudantado matriculado en graos ou mestrados oficiais no curso 2024-25. Entre os requisitos destacan non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos actuais e formalizar unha matrícula mínima de 30 créditos, ou ben os créditos necesarios para finalizar os estudos de grao. Ademais, para optar ás axudas, a Renda Persoal Dispoñible (RPD) non poderá superar os 9.000 euros. Excepcionalmente, poderán presentarse solicitudes de estudantes con ingresos superiores a esa cifra se xustifican situacións económicas ou laborais graves acontecidas tras o ano 2023.

O estudantado que se atope nun programa de mobilidade tanto nacional como internacional non poderá participar nesta convocatoria. Para aclarar dúbidas sobre o procedemento, os interesados poden dirixirse ao correo xerencia.axudas@usc.gal.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

O Concello e a Xunta retoman as conversas técnicas para desbloquear a ampliación do Quiroga Palacios

O Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volverán...

Vueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas de Nadal

Vueling manterá operativa a conexión directa entre Santiago de Compostela e Bilbao durante o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here