InicioSUCESOSO TSXG ratifica a condena ao porteiro dunha discoteca de Santiago por...

O TSXG ratifica a condena ao porteiro dunha discoteca de Santiago por maltrato e lesións

O acusado deberá pagar unha multa de 1.080 euros e indemnizar á vítima con 10.147 euros tras un incidente en 2019

Publicado o

Xornal de Compostela

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza imposta pola Audiencia Provincial de Santiago ao porteiro dunha discoteca da cidade, ao que declarou culpable de delito leve de maltrato e lesións con deformidade por imprudencia. O fallo ratificado inclúe unha multa de 1.080 euros e unha indemnización de 10.147 euros para a vítima.

Os feitos remóntanse a agosto de 2019, cando o porteiro impediu o acceso dun home ao local. A sentenza recolle que, tras ser rexeitado, o home tentou volver entrar, momento no que o acusado lle deu un empujón que o fixo caer á calzada e ser atropelado por un vehículo. A vítima, que sufriu lesións que precisaron 48 días de recuperación, perdeu un dente e quedou con cicatrices en diversas partes do corpo.

O TSXG desestimou o recurso presentado polo porteiro, considerando que o conxunto das probas confirma que foi el, e non outro traballador, o responsable dos feitos. O tribunal tamén tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas no proceso.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here