InicioSANTIAGOAMESAmes propón a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón

Ames propón a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón

O pleno de setembro debaterá unha medida para aliviar o tráfico na N-550 ao seu paso polo Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de goberno de Ames levará ao pleno ordinario de setembro, que se celebrará o vindeiro xoves 26, unha proposta para solicitar ao Goberno Central a gratuidade do tramo da AP-9 entre Padrón e Santiago de Compostela. O obxectivo desta medida é reducir a sobrecarga de tráfico que actualmente sofre a N-550, especialmente na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, onde a elevada circulación de vehículos perturba a vida diaria dos veciños.

O tramo afectado da AP-9 grava aos usuarios con tarifas que van de 2,85 a 4,70 euros, o que provoca que moitos condutores opten por utilizar as estradas do termo municipal de Ames como alternativa gratuíta. Esta situación incrementa significativamente o tráfico, cunha media diaria de 30.000 vehículos atravesando a N-550, afectando a 15.000 habitantes do concello, que sofren as consecuencias da contaminación ambiental e acústica derivada deste volume de circulación.

O goberno local destacou que a humanización do Milladoiro foi un logro importante, froito do traballo conxunto de veciños e representantes políticos ao longo dos anos. A actual proposta de gratuidade busca aliviar a presión que sofre a avenida de Rosalía de Castro e outras vías alternativas. Como sinala o texto da moción: ‘A veciñanza de Ames reclama dende hai tempo medidas que reduzan o impacto do tráfico, e esta proposta vai nesa liña’.

De ser aprobada a moción, o pleno de Ames instará ao Goberno Central a establecer a gratuidade do tramo da AP-9 comprendido entre Santiago de Compostela e Padrón, co fin de mellorar a calidade de vida dos residentes e minimizar os efectos negativos do tráfico excesivo nas vías municipais.

ÚLTIMAS

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here