InicioSANTIAGOAMESMáis dun centenar de persoas participou na ruta para descubrir os lugares...

Máis dun centenar de persoas participou na ruta para descubrir os lugares emblemáticos da vida de Rosalía de Castro

A actividade percorreu os principais espazos vinculados á escritora galega

Publicado o

Xornal de Compostela

Este pasado sábado, 14 de setembro, os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron unha ruta polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro. A actividade contou con 110 participantes e buscou poñer en valor a figura e o legado literario da autora máis recoñecida de Galicia.

A ruta, que comezou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns e rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, visitou varios lugares que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Entre os espazos destacados estiveron a Casa da Tarroeira, en Ortoño, e a igrexa de Bastavales, cuxas campás inspiraron un dos seus versos máis célebres.

No acto de benvida, os alcaldes de Ames, Padrón e Dodro, xunto coa concelleira de Brión, destacaron a importancia da conexión de Rosalía con estes territorios. A xornada tamén incluíu interpretacións de dúas actrices caracterizadas como Rosalía, que contribuíron a enriquecer a experiencia cultural da ruta.

O itinerario percorreu os lugares máis significativos dos concellos participantes, rematando coa visita á Casa da Matanza, última morada da autora, convertida hoxe na sede da Fundación Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

A Policía investiga un novo roubo na tenda de Apple da avenida de Barcelona

A Policía Nacional de Santiago de Compostela abriu unha investigación para esclarecer un roubo...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...

O Compostela Street regresa ao Campus Sur con tres días de deporte, arte urbana e concertos

O Compostela Street celebrará a súa segunda edición os días 18, 19 e 20...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here