InicioSANTIAGOAMESAmes, Brión, Dodro e Padrón organizan unha ruta pola vida de Rosalía...

Ames, Brión, Dodro e Padrón organizan unha ruta pola vida de Rosalía de Castro o 14 de setembro

Os catro concellos ofrecen unha saída gratuíta polos lugares clave da autora

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizan unha ruta especial para o sábado 14 de setembro que permitirá descubrir os lugares máis emblemáticos da vida e obra de Rosalía de Castro. Esta iniciativa, bautizada como “As Pegadas de Rosalía”, segue o itinerario orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra e actualizado en 2017 polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. O proxecto foi presentado en FITUR 2018 como unha proposta turística intermunicipal.

A ruta comezará ás 9:15 horas e prolongarase ata as 19:00 horas, con puntos de recollida en varios lugares, incluíndo Dodro, Padrón, O Milladoiro e Bertamiráns. Durante o percorrido, os participantes visitarán lugares significativos na vida de Rosalía, como o Pazo da Peregrina en Bertamiráns, a igrexa de Bastavales en Brión, e a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón.

O evento culminará cun concerto de Manoele de Felisa na igrexa de Santa María de Iria Flavia, aberto a todos ata completar aforo.

As inscricións, que son gratuítas, poden realizarse ata o 10 de setembro e as prazas serán asignadas por orde de rexistro.

ÚLTIMAS

A Policía investiga un novo roubo na tenda de Apple da avenida de Barcelona

A Policía Nacional de Santiago de Compostela abriu unha investigación para esclarecer un roubo...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...

O Compostela Street regresa ao Campus Sur con tres días de deporte, arte urbana e concertos

O Compostela Street celebrará a súa segunda edición os días 18, 19 e 20...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here