InicioSANTIAGOAMESA carballeira de Bugallido acollerá este xoves a sexta xornada dos Seráns...

A carballeira de Bugallido acollerá este xoves a sexta xornada dos Seráns de Ames

A Foliada do programa Apego contará coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk

Publicado o

Xornal de Compostela

Este xoves, 22 de agosto, a carballeira de Bugallido será o escenario da sexta xornada do ciclo Seráns de Ames. O evento, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, presentará a Foliada do programa Apego, que terá lugar ás 19:00 horas e contará coa participación musical de Pablo Díaz e Olga Kirk.

A xornada desta semana estará centrada na música e o baile tradicional, combinados con xogos populares que inclúen cancións como “O galo”, “A vaca marela” e “O verdegaio”. Os asistentes están invitados a traer instrumentos de percusión miúda, como axóuxeres e pandeiretas, para contribuir á atmosfera festiva.

O ciclo Seráns de Ames rexistra este ano a súa cuarta edición, despois de estrearse en Tapia en 2021 e ampliarse a outras parroquias como Bugallido no 2022. Neste 2024, o programa inclúe tamén as parroquias de Biduído e Agrón, repartindo as sete xornadas entre as catro localidades e asegurando actividades para todos os públicos.

Ata o momento, as xornadas realizadas tiveron lugar en Tapia, Bugallido, Biduído e Agrón, destacando eventos como o pregón inaugural da xornalista e escritora Paula Señarís e as actuacións dos grupos Maianas, SR. Salvaje e Banda de Nash, entre outros.

O ciclo concluirá o próximo 29 de agosto en Tapia cun monólogo de Manolo Boquete, tamén ás 19:00 horas.

ÚLTIMAS

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

Carlos Toural asume o decanato de Ciencias da Comunicación e aposta por adaptar a Facultade á IA e ao novo ecosistema mediático

O profesor Carlos Toural Bran tomou posesión este martes 22 de setembro como novo...

O PSOE preguntará no Pleno polas medidas para ordenar as colas na contorna da Catedral

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste xoves a xestión dos...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here