InicioSOCIEDADEToman posesión os novos arciprestes e vicearciprestes da Arquidiocese de Santiago

Toman posesión os novos arciprestes e vicearciprestes da Arquidiocese de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu o acto de profesión de fe e xuramento dos novos 31 arciprestes e vicearciprestes da Arquidiocese compostelá. A sede do Arcebispado acolleu este martes, día 30 de xullo, a cerimonia na que tomaron posesión do oficio, despois de emitir a profesión de fe e o xuramento de fidelidade ante o Arcebispo.

O arcebispo lembroulles, por unha banda, que é Deus “quen convoca, chama e convida, dando sentido á misión e misións que se lles encomenda”; e por outra banda, “que o Señor envía, non a cada un pola súa conta, senón en comunidade, para facer o camiño xuntos”.

Monseñor Prieto indicou tamén que a razón de ser como Igrexa que peregrina en Santiago “é a evangelización, o anuncio do Evanxeo, con todo o que significa ser e facer boa noticia”. “O Arciprestazgo é un ámbito privilexiado no que os sacerdotes que o integran poden fomentar e coordinar a actividade pastoral común e facer realidade a vivencia máis intensa da fraternidade sacramental”, apuntou.

O arcipreste é un sacerdote, elixido o bispo diocesano á fronte do Arciprestazgo para colaborar máis estreitamente co bispo e os organismos diocesanos, co fin de procurar que a vida das parroquias, que o integran, vaia de acordo coa pastoral diocesana. Dada a especial configuración dos novos arciprestazgos, nomeáronse vicearciprestes co obxectivo de que axuden ao arcipreste no mellor desempeño pastoral do seu oficio canónico.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...