InicioECONOMÍAIsto custa ir de Santiago a Coruña e Vigo pola AP-9

Isto custa ir de Santiago a Coruña e Vigo pola AP-9

Se a velocidade varía entre o permitido, 120km/h, e 150 km/h, o gasto é importante e o aforro de tempo, escaso

Publicado o

Por Ángela Precedo

Todos aqueles galegos que están acostumados a empregar a carísima autopista AP-9 como vía habitual de desprazamento saben que moitos vehículos, a pesares de que a velocidade máxima estea fixada en 120 quilómetros por hora (con pequenos tramos a 90 e 100 por elevada perigosidade), van moi por enriba do límite. Se ti vas a 120 polo carril da dereita e che adianta un a toda velocidade pola esquerda é sinxelo intuír que ten que ir a moito máis. Os motivos poden ser moi diversos: dende costume, aburrimento, ganas de chegar ao lugar, présas por chegar tarde… Pero, sexa cal sexa o motivo, hai unha verdade incuestionable: eses coches que van a altas velocidades van gastar bastante máis en gasolina ou gasóleo (e, en consecuencia, en cartos) que os que van á velocidade indicada nos sinais da vía. Canto máis? Pois iso é o que hoxe analizamos dende o Galicia Confidencial. Toma nota e xa ti dirás se compensa ou non.

Partindo das táboas oficiais da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), o consumo medio dun coche a gasóleo para as diferentes velocidades é o seguinte: 4 litros por cada 100 quilómetros percorridos a 90 km/h; 4,45 se se percorren a 100 km/h; 4,75, a 110 km/h; 6,05 a 120 km/h; 6,92 a 130 km/h; 7,85 a 140 km/h; e 8,15 litros por cada 100 quilómetros percorridos se se vai a 120 km/h. No caso de que o coche sexa a gasolina, a relación é a seguinte: 6 litros por cada 100 quilómetros percorridos a 90 km/h; 6,30 se se percorren a 100 km/h; 7,64 a 110 km/h; 8,10 a 120 km/h; 9,34 a 130 km/h; 10,30 a 140 km/h; e 11,90 litros por cada 100 quilómetros percorridos a unha velocidade de 150 km/h. Como se observa, as diferenzas son notables xa en litros consumidos, pero se as traducimos a cartos, moito máis. Ademais, tamén habería que ter en conta a orografía do terreo, que neste caso non se vai contemplar.

DIFERENZAS VELOCIDADE-GASTO NO TRAXECTO SANTIAGO-A CORUÑA

Por poñer un exemplo práctico, tomamos a distancia que separa a cidade de Santiago de Compostela da Coruña, é dicir, 74 quilómetrosCanto máis gastará un coche que vai a 150 km/h que un que respecta o límite de velocidade fixado en 120 km/h? Facendo os cálculos obtemos que un coche a gasolina que percorre pola AP-9 a distancia que separa Santiago da Coruña a 120 km/h consumirá 6 litros de gasolina. Como o prezo medio do litro en Galicia está a 1,626 euros (datos do 8 de xullo), estariamos falando dun custe de 9,76 euros. Se aumenta a velocidade a 130 km/h (algo nada raro de ver) os litros consumidos soben a 6,91 e, polo tanto, o custe do combustible a 11,24 euros. Pasando xa a 140 km/h, o consumo chega aos 7,62 litros, é dicir, aos 12,39 euros. E se poñemos o coche a gasolina a 150 km/h, o consumo ascendería ata os 8,81 litros e o desembolso en cartos ata os 14,33 euros.

Así as cousas, pisarlle ao acelerador non sae nada barato: subir de 120 a 130 xa incrementa o custe desa viaxe Santiago-Coruña en 1,48 euros, o que se se realiza este traxecto de xeito diario, ao mes sumaría 45,88 euros máis; pero subir de 120 a 140 eleva a diferenza a 2,63 euros, o que ao mes suporía desembolsar 81,53 euros máis; e pasando de 120 a 150 a cousa xa é alarmante, pois os litros consumidos de máis equivalen a gastar no mesmo traxecto 4,57 euros máis, o que ao mes viría a deixar a conta total en 141,67 euros a maiores. Non estamos a falar de calquera bobada. E canto tempo se aforra? Para calculalo hai que quitar todas as variantes de velocidade que teñen os sinais da AP-9 e entender que durante toda a viaxe vamos á mesma velocidade. Así, indo a 120 km/h todo o tempo chegaríamos á Coruña en 37 minutos dende Santiago, mentres que indo a 150 km/h chegaríamos en 29,6, é dicir, o aforro de tempo sería de só 7,4 minutos.

Facendo o mesmo exercicio pero cun coche a diésel, as diferenzas tamén son grandes. Así, percorrer eses 74 quilómetros que separan Santiago de A Coruña a unha velocidade de 120 km/h supón consumir 4,47 litros de gasóleo. Tendo en conta que o prezo medio actual para o litro deste tipo de combustible está nos 1,518 euros en Galicia, estamos a falar de que ese percorrido custaría 6,79 euros. Se pisamos ao acelerador e chegamos a unha distancia de 130 km/h, o gasto en combustible sería de 5,12 litros, e en cartos chegaría aos 7,77 euros. Saltando xa aos 140 km/h, percorrer esa distancia gastaría 5,81 litros, é dicir, 8,82 euros. E se eses 74 quilómetros que separan Santiago da Coruña se percorren a 150 km/h, o combustible consumido para ese coche de diésel sería de 6,03 litros, o que suporía un gasto de 9,15 euros.

DIFERENZAS VELOCIDADE-GASTO NO TRAXECTO SANTIAGO-VIGO

Se agora en lugar de viaxar de Santiago á Coruña o facemos de Santiago a Vigo, obtemos un resultado moi semellante en diferenza de gasto, aínda que algo máis abultado porque entre estas dúas cidades galegas hai 89 quilómetros, que veñen a ser 15 máis que os que separaban Compostela da cidade herculina. Así as cousas, un coche a gasolina que percorra eses 89 quilómetros a 120 km/h pola AP-9 gastará 7,21 litros de combustible, o que tendo en conta que o prezo medio actual deste combustible en Galicia é de 1,626 euros o litro, supón un desembolso de 11,72 euros. Se aumentamos a velocidade do coche ata os 130 km/h, o gasto de gasolina sería de 8,31 litros, e suporía deixarse 13,51 euros. Pasando xa aos 140 km/h, o combustible gastado elevaríase ata os 9,17 litros, é dicir, 14,91 euros. E subindo a velocidade ata os 150 km/h, percorrer eses 89 quilómetros suporía gastar 10,59 litros, o equivalente a ter que desembolsar 17,22 euros.

Deste xeito, nese traxecto de Santiago a Vigo ir a 120 km/h ou a 130 supón unha diferenza de 1,79 euros, o que supón que facendo este percorrido a diario durante un mes haxa que desembolsar un total de 53,7 euros; pasar de 120 km/h a 140 levaría aparellado o gasto de 3,19 euros máis, o que suporía 98,89 euros máis facendo esa ruta durante todo un mes; e xa se falamos de en lugar de 120 km/h ir a 150, o gasto elevaríase en 5,5 euros, é dicir, 170,5 euros ao mes. Son diferenzas escandalosas. E canto tempo se aforra? Para calculalo hai que quitar todas as variantes de velocidade que teñen os sinais da AP-9 e entender que durante toda a viaxe imos á mesma velocidade. Así, indo a 120 km/h todo o tempo chegaríamos a Vigo en 45 minutos dende Santiago, mentres que indo a 150 km/h chegaríamos en 35,6, é dicir, o aforro de tempo sería de só 9,4 minutos.

Facendo o mesmo exercicio cun coche a diésel, as diferenzas tamén son significativas. Así, percorrer eses 89 quilómetros que separan Santiago de Vigo a unha velocidade de 120 km/h supón consumor 5,38 litros de gasóleo. Se o prezo medio actual do litro de diésel en Galicia está nos 1,518 euros, ir a 120 km/h suporía un desembolso de 8,17 euros. Subindo a 130 km/h, os litros consumidos ascenden tamén ata os 6,16, o que significaría gastar 9,35 euros. Pasando aos 140 km/h, os litros consumidos chegan ata os 6,99, e o gasto en cartos sería de 10,61 euros. E se eses 89 quilómetros que separan Santiago de Vigo se percorren a 150 km/h, o combustible consumido para ese coche a diésel sería de 7,25 litros, o  que suporía un gasto de 11,01 euros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Sanmartín asegura que están en prazo para asinar o convenio do parque comarcal de Bombeiros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que o proceso para asinar o convenio...

Besteiro rexeita falar sobre o expediente aos edís socialistas e di que o proceso conta con “todas as garantías”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou interferir nos expedientes abertos...

A alcaldesa de Santiago confirma a súa asistencia á reunión coa Xunta para tratar a taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que asistirá este venres á reunión na...

Santiago acolle a xornada ‘Mover os Marcos’ en outubro cun encontro de debate dirixido aos mozos

O Centro Xove de Creación Cultural de Santiago acollerá o próximo 5 de outubro...

A alcaldesa de Santiago confirma a súa asistencia á reunión coa Xunta para tratar a taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que asistirá este venres á reunión na...

Comeza en Compostela un novo curso de aspirantes a maquinista

Este mércores 18 de setembro arranca no Centro de Formación de Renfe en Santiago...

Pedro Blanco destaca a lealdade institucional como clave para o progreso de Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, sinalou este martes que a lealdade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here