InicioCULTURAQuen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle...

Quen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle chama Pazo de Raxoi?

O Pazo de Raxoi foi mandado construír en 1766 por Bartolomé de Raxoi e Losada para servir como seminario para confesores

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Bartolomé de Raxoi e Losada naceu o 25 de agosto de 1690 en Pontedeume e faleceu o 17 de xullo de 1772 en Santiago de Compostela. Durante a súa carreira destacou o seu papel como arcebispo de Compostela durante 21 anos (1751-1772) grazas aos que se converteu nunha das figuras máis destacadas da Galiza do século XVIII.

Antes de iniciar a carreira eclesiástica, estudou na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e en 1711 exerceu a avogacía na Real Audiencia de Galicia. O seu traballo fixo que fose ascendendo rapidamente na xerarquía eclesiástica e exerceu como canónigo en diferentes catedrais como Ourense e Lugo. O cabildo compostelán trasladounl a Madrid para encargarse de diferentes asuntos xurídicos. Alí realizou numerosas accións que lle permitiron entablar relacións con personaxes moi relevantes da época como José del Campillo, o Marqués de Ensenada e o rei Fernando VI. Todo isto favoreceu a que no ano 1751 fose nomeado arcebispo de Santiago.

Raxoi non só destacou pola súa carreira eclesiástica e xurídica, senón que tamén realizou un profundo impacto filantrópico e de mecenazgo impulsando a vida social e económica de Galiza. Destacou pola súa visión progresista e de asistencia social, anticipándose a moitas das leis da Ilustración referentes ao manexo da pobreza e da desorde social. Coa súa xestión, impulsou proxectos tan relevantes como a creación do Hospicio de Pobres en 1769 e interviu decisivamente durante a crise alimentaria de 1768-1769, axudando a miles de afectados. Por outra banda, tamén foi quen mandou restaurar a fachada da Acibechería da Catedral de Santiago de Compostela.

Tamén mandou construír o denominado Pazo de Raxoi, que albergaba funcións administrativas e eclesiásticas, pero tamén servía de residencia e centro de formación para clérigos novos. Trátase dunha das súas obras máis importantes xa que reflicte o enfoque multifuncional e a súa visión do clero comprometido socialmente.

Por todo isto, tanto na capital galega como na súa vila natal, Pontedueme, se lle adican espazos no seu recordo. En Santiago atópanse o Pazo de Raxoi, nomeado anteriormente, e a Avenida de Raxoi, situada ao lado da Catedral. Pola súa banda, en Pontedeume tamén existe o Paseo de Raxoi e a Alameda de Raxoi.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here