InicioSUCESOSXulgan a un home por golpear unha muller en Santiago e facerlle...

Xulgan a un home por golpear unha muller en Santiago e facerlle perder dous dentes

O acusado podería enfrentarse a catro anos de prisión e unha indemnización de 1.500 euros á vítima polo delito de lesións

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro mércores, día 19, a sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña xulgará a un home acusado de agredir gravemente a unha muller, causándolle a perda de dous dentes e a rotura dun terceiro. O incidente tivo lugar o 14 de abril de 2021, cando o acusado atopábase no seu vehículo nas proximidades do domicilio da vítima, situado no Camiño de Chan de Curros., na zona de Vite

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, por razóns aínda descoñecidas, o procesado propinou unha puñada na cara á muller, resultando en danos físicos significativos.

En resposta a este acto, a Fiscalía propón unha pena de catro anos de prisión para o acusado, ademais de solicitar que este compense á vítima cunha indemnización de 1.500 euros polos danos sufridos.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...