InicioECONOMÍAO Consello Xacobeo acepta que os beneficios fiscais para empresas que apoien...

O Consello Xacobeo acepta que os beneficios fiscais para empresas que apoien o Xacobeo 2027 alcancen 3 anos completos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, defendeu esta proposta da Xunta para que o período de beneficios fiscais estea comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, fronte á previsión inicial do Goberno Central, que establecía os prazos desde outubro de 2025 a setembro de 2027.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Comisión Executiva do Consello Xacobeo (órgano dependente do Goberno central para a promoción do Camiño de Santiago) decidiu este mércores, a instancias da Xunta, que os beneficios fiscais para as empresas e entidades que apoien o Xacobeo 27 amplíense a tres anos completos, 2025, 2026 e 2027.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, defendeu esta proposta da Xunta para que o período de beneficios fiscais estea comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, fronte á previsión inicial do Goberno Central, que establecía os prazos desde outubro de 2025 a setembro de 2027.

Neste encontro preparatorio para o Xacobeo 2027 debatíase, entre outros temas, solicitar aos organismos competentes a declaración como acontecemento excepcional de interese público para os efectos da aplicación de beneficios fiscais para o Ano Santo Xacobeo 2027, sendo aceptada a iniciativa galega, que será agora elevada a pleno do Consello Xacobeo, que se celebrará o próximo día 26 de xuño.

Ademais, tamén se aceptou a petición de Galicia levar a pleno a creación dun grupo de traballo no Consello Xacobeo que analice e desenvolva propostas para a coordinación de actuacións entre a Administración do Estado e as Comunidades para a mellora da rede de itinerarios xacobeos, con especial atención aos puntos negros por cruces con vías de alta capacidade.

Tamén se pretende o desenvolvemento de programas conxuntos para a mellora dos itinerarios, desenvolvemento dos plans de seguridade no Camiño e comezar a levar a cabo modelos de xestión sustentables coordinados entre a Administración do Estado e as Comunidades. A intención é que ofreza un modelo de atención ao peregrino similar nos diferentes territorios.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...