InicioCULTURAHomenaxe no Museo do Pobo Galego a Dorothé Schubarth, musicóloga suíza que...

Homenaxe no Museo do Pobo Galego a Dorothé Schubarth, musicóloga suíza que recompilou melodías populares galegas

Protagonista da homenaxe foi a artista Felisa Segade, que interpretou música tradicional cunha selección de músicas e fotografías do APOI do Museo do Pobo Galego recollidas por Dorothé.

Publicado o

Xornal de Compostela

O auditorio do Museo do Pobo Galego acolleu este mércores a homenaxe colectiva a Dorothé Schubarth, musicóloga suíza responsable dunha das maiores recompilacións de melodías populares galegas. A xornada festiva estenderase todo o día da man do propio museo, o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago.

“Dorothé Schubarth foi unha muller que se entregou á cultura galega, á que se dedicou en profundidade, e que nos deixou un legado impagable”, destacou a presidenta do Consello, Rosario Álvarez. Protagonista da homenaxe foi a artista Felisa Segade, que interpretou música tradicional cunha selección de músicas e fotografías do APOI do Museo do Pobo Galego recollidas por Dorothé.

A continuación, celebrouse unha sesión titulada ‘Notas biográficas: Lembranza de Dora e do seu traballo en Galicia’, na que interveu Antón Santamarina, co que Schubart recompilou as melodías, coautor do Cancioneiro Popular Galego e que destacou “a xenerosidade de Schubarth coa cultura galega“. “A súa chegada a Galicia foi providencial porque por aquel entón había aínda centos de informantes e non tiñamos suficientes musicólogos que lles prestasen a atención necesaria”, apuntou.

As xornadas de homenaxe concluirán este xoves cunha sesión vermú cunha selección de pezas sobre material recolleito por Dorothé interpretadas polo dúo Caamaño e Ameixeiras. O programa continuará pola tarde, a partir das 17.00 horas cunha mesa redonda titulada ‘O traballo de Dora alén do cancioneiro’ na que participarán Lucía Cedrón, Carme Campo, Alejandro Gándara e Antonio Reigosa.

Seguidamente haberá un intermedio audiovisual, cunha selección de imaxes e voces, acompañados da música en directo de Cástor e Félix Castro. A xornada de homenaxe concluirá cun concerto na Igrexa de Bonaval, no que o cuarteto Alicerce, Alberto Aneiros e Marcos Mato interpretarán ‘Transformacións’, unha peza clásica composta por Dorothé.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A Cidade da Cultura acada 120.000 participantes no primeiro semestre e marca o seu mellor arranque anual

A Cidade da Cultura de Galicia acadou no primeiro semestre de 2026 o mellor...

O Son do Camiño baixa o pano tras reunir 125.000 persoas nunha edición atravesada polo debate sobre os fondos de investimento

O Son do Camiño pechou na madrugada deste domingo unha nova edición no Monte...

Santiago recoñecerá coa Alba de Compostela a Camilo Nogueira, Concha Rozas, Ricardo Gurriarán e Susi Xesto

O Consello Asesor de Condecoracións de Santiago acordou por unanimidade propoñer a Camilo Nogueira,...