InicioCULTURACal é a razón pola que aos santiagueses se lles chama picheleiros?

Cal é a razón pola que aos santiagueses se lles chama picheleiros?

O curioso xentilicio ten a súa orixe na Idade Media e comezou como un xeito de denominar aos artesáns do estano

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Os habitantes de Santiago de Compostela temos outro xeito de denominarnos ademais dos xa coñecidos santiagueses e composteláns. A palabra coa que nos gusta chamarnos entre nós é ‘picheleiro‘. Pero de onde provén este xentilicio tan curioso?

Todo apunta a que, nun principio, a xente de fóra chamaba así ós habitantes da capital galega no século XV, cando o oficio do estano estaba en auxe en toda a comunidade galega e sobre todo en Compostela. Pero a denominación provén concretamente do ‘pichel‘, que era un vaso alto e ancho que realizaban os artesáns en estaño. Segundo a RAG, “Xerra alta e redonda, máis ancha na base ca no colo, xeralmente de estaño, con tapa unida á asa, que se empregaba para quitar o viño dos pipotes”.

Nun primeiro momento, só se utilizaba para referirse ás persoas que tiñan ese oficio, pero pouco a pouco foi evoluíndo ata converterse nun xeito habitual e tradicional de chamar a todos os habitantes de Santiago. Séculos máis tarde, a expresión está normalizada entre a xente da cidade, pero os foráneos non a coñecen tanto.

No tocante á orixe etimolóxica da palabra, estudosos afirman que ‘pichel’ provén do idioma occitano, unha lingua romance europea. Ao seu tempo, o occitano tomou a expresión dun latín tardío (biciarium) que tamén ten as súas raíces na palabra grega bikus, que xa tiña o significado de vaso ou xarra.

Este xentilicio é só unha mostra máis dos vestixios artesáns e medievais que quedan en Compostela. Nomes de rúas e prazas tamén nos recordan ós oficios e nomes da época, que aínda hoxe en día persisten entre as denominacións santiaguesas.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

1 COMMENT

  1. Pode ser, non son lingüista, pero é curioso que nada mais cruzar o rio Miño te atopes con un oficio tradicional de “Picheleiros”. Por non falar dos nomes históricos de moitas fontes de compostela como o Picho da Cerca, será casualidade que no lugar en que mais fontes ou pichos hai, se fale de un ofício para mantelas, o dos picheleiros. É bo ter dúvidas e mirar cara os nosos veciños do sur.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here