InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA USC busca garantir a seguridade da Facultade de Xeografía e Historia...

A USC busca garantir a seguridade da Facultade de Xeografía e Historia tras danos na biblioteca

Un plan urxente contempla o traslado de libros e unha reforma integral de 6,78 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O xerente da Universidade de Santiago, Javier Ferreira, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Marco Virgilio García Quintela, mantiveron esta mañá unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, na procura de desenvolver un plan que permita garantir canto antes a seguridade do edificio logo dos danos atopados na cara superior do forxado do baixo cuberta, na zona de depósito de libros sobre a sala de lectura principal da biblioteca. De forma inmediata, aínda que provisional, é preciso proceder ao traslado dos fondos bibliográficos aí aloxados.

Como se puxo de manifesto na xuntanza, trátase dunha intervención urxente que debe implicar como primeiro paso a descarga de peso para reducir o volume de libros almacenados así como o cambio de dirección dos andeis de acordo cun informe técnico elaborado recentemente para avaliar a situación dada a gravidade.

Esta actuación sería a primeira fase dunha intervención integral no conxunto da biblioteca, orzamentada en 6,78 millóns de euros, que garantiría a seguridade estrutural así como a mellora do comportamento enerxético destes espazos e a racionalidade de uso das estancias.

A xuntanza súmase ao chamamento realizado dende a USC a todas as institucións do Consorcio de Santiago de CompostelaConcello de Santiago, Xunta de Galicia e Goberno de España—, autor do Plan Director da Facultade que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado non só polo paso do tempo senón tamén por deficiencias estruturais que afectan a seguridade e a habitabilidade do edificio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here