InicioECONOMÍASantiago acollerá unha conferencia sobre os retos do urbanismo no século XXI

Santiago acollerá unha conferencia sobre os retos do urbanismo no século XXI

O catedrático da Universidade de Sevilla abordará este próximo luns no Ateneo de Santiago a renaturalización das cidades e a reciclaxe urbana

Publicado o

Xornal de Compostela

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) e a súa Delegación de Santiago celebrarán o vindeiro luns, 27 de maio, a última das conferencias do ciclo ‘Territorios Análogos‘. O ciclo, no que participan especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia e que poderían gardar certa analoxía coa realidade territorial galega.

Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos‘ é o título da conferencia que ofrecerá o arquitecto Joaquim Sabaté ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega, sito no Pazo de Raxoi. O arquitecto reflexionará sobre os desafíos complexos aos que se enfronta o urbanismo do século XXI, onde o territorio emerxe como un suxeito de dereitos que esixe atención e protección.

Neste contexto, Sabaté sinala que é crucial recoñecer a rica cultura territorial presente ao longo da historia e desentrañar os patróns de ocupación do territorio mediante a interpretación profunda da súa cultura. “La categorización y la proyección efectiva del territorio son fundamentales, especialmente en tiempos de incertidumbre, para fomentar un desarrollo urbano y territorial sostenible y equitativo. La identidad del territorio se revela como una fuente de alternativas, promoviendo la actualización de patrones tradicionales y la adopción de modelos y herramientas para guiar el desarrollo urbano. También se requiere establecer criterios claros y pre-requisitos fundamentales para abordar de manera integral el proyecto territorial, reconociendo la importancia de un enfoque holístico y colaborativo para garantizar la viabilidad y equidad en el desarrollo territorial”, expón.

Joaquim Sabaté Bel é catedrático de Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) desde 1976, doutor arquitecto e economista. Tamén é doutor Honoris Causa pola Universidade de Córdoba (Arxentina). É fundador do Laboratorio Internacional de Paisaxes Culturais e director da revista Identidades: Territorio, Cultura, Patrimonio. Investigacións sobre recursos patrimoniais e desenvolvemento local.

Impartiu conferencias e cursos en numerosas universidades europeas, americanas e asiáticas. Investiga sobre instrumentos e métodos do proxecto urbano e territorial e a relación entre recursos patrimoniais e o desenvolvemento local, o que se traduciu en máis de trescentos capítulos, libros ou artigos e unhas sesenta teses doutorais. É autor de estudos e plans en Arxentina, Brasil, Chile, España e Uruguai. En tres ocasións recibiu o Premio Nacional de Urbanismo (España) e Premios de Urbanismo e Especial de Patrimonio (Cataluña).

A conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, pero é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

Esta actividade xorde a raíz do Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2024-2025 do COAG e a Xunta de Galicia, que se inaugurou o pasado 21 de febreiro e que se está a celebrar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para tratar cuestións como a ordenación do solo e a xestión do territorio. Nas conferencias do ciclo contarase con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio que expoñerán diferentes experiencias postas en marcha fóra de Galicia e que poden gardar certa analoxía coa realidade territorial galega.

CONFERENCIA DO ATENEO O LUNS

Pola súa banda, tamén o luns teremos unha conferencia relacionada co ámbito da arquitectura. O catedrático de Composición Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla, Carlos García Vázquez, volve por segunda vez ao Ateneo de Santiago o próximo luns, día 27 de maio, para impartir a conferencia titulada ‘Less is enough. Deben as cidades empezar a decrecer?‘. O acto, que se desenvolverá ás 19:30 na sede de Afundación, sita na rúa do Vilar, 19, será de acceso libre e estará presentado polo arquitecto Ángel Panero.

Ante a crise ambiental e o probable esgotamento das enerxías tradicionais, existe na actualidade unha proposta para deixar de asociar o desenvolvemento ao crecemento, considerando os impactos sociais, ambientais e económicos negativos do modelo vixente. Así, nesta conferencia, o arquitecto García Vázquez abordará a cuestión da reciclaxe urbana desde un punto de vista moi innovador como é o da renaturalización das cidades, que defende preservar as áreas urbanas obsoletas como cápsulas biolóxicas.

Carlos García Vázquez, doutor Arquitecto, actualmente é catedrático de Composición Arquitectónica e profesor do máster Ciudad y arquitectura sostenibles na Universidade de Sevilla. Foi profesor visitante en universidades de Estados Unidos, Chile, Arxentina e Italia, comisario de exposicións e membro do comité científico de diversos seminarios de Docomomo Ibérico.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito...

Alberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e confianza no futuro

O profesor Alberto Cabada Fernández tomou posesión este venres como novo decano da Facultade...

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

Raxoi incorpora o pago anticipado a convenios con entidades sociais para atender a unha demanda “histórica”

O Concello de Santiago incorporou o pago anticipado como fórmula de cara ao abono...

Santiago duplica os seus viaxeiros en tren a Madrid tras a mellora dos servizos de Renfe

O reforzo do servizo ferroviario de longa distancia entre Galicia e Madrid, en vigor...

Así quedan os prezos do autobús urbano en Santiago a partir deste martes 1 de xullo

O vindeiro 1 de xullo, o transporte urbano de Santiago experimentará cambios significativos nos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here