InicioECONOMÍAA cuarta asemblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia reúne a...

A cuarta asemblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia reúne a máis de 170 investigadores na Cidade da Cultura

Na asemblea presentáronse os avances do plan e os membros do novo comité experto externo

Publicado o

Xornal de Compostela

A cuarta asemblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia reuniu na Cidade da Cultura a máis de 170 investigadores, nunha xornada na que se presentaron os avances do plan e os resultados do traballo realizado polas 14 institucións e centros de investigación implicados.

Como novidade nesta edición, presentáronse os membros do comité experto externo, un órgano consultivo independente creado polo propio Programa de Ciencias Mariñas de Galicia co obxectivo de recibir asesoramento externo e apoio estratéxico, así como para avaliar a calidade da actividade científica e de innovación desenvolvida.

Está composto por Arantza Murillas Maza, Eva García Vázquez, Dolors Furones Nozal, Juanjo Dañobeitia Canles e Xabier Irigoien Larrazabal que desenvolven o seu labor, por esta orde, no Centro de Investigación Mariña e Alimentaria-AZTI, na Universidade de Oviedo, no Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA) no Centro Mediterráneo de Investigacións Mariñas e Ambientais (Cmima-CSIC) e no NEOM de Arabia Saudita. Este comité contribuirá ademais á difusión do programa galego e á transferencia dos seus resultados.

Esta cuarta asemblea estivo estruturada en tres bloques temáticos e cinco paneis nos que se enmarcaron as 36 conferencias, que correron a cargo do persoal investigador de Meteogalicia, IEO-CSIC da Coruña e Vigo, IIM-CSIC, Intecmar, Cetmar, Cesga e das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

O coñecemento como panca para a xestión sustentable do medio, a transformación social e a resiliencia na contorna litoral; a investigación e innovación para unha xestión pesqueira e unha produción acuícola sustentable e intelixente, así como a estratexia integrada de observación e monitorización mariña en Galicia foron os tres eixos temáticos nos que se enmarcaron as 17 presentacións desenvolvidas ao longo da mañá e da tarde.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...