InicioPOLÍTICAO PSdeG reclamará no Parlamento que a Xunta axilice a ampliación do...

O PSdeG reclamará no Parlamento que a Xunta axilice a ampliación do polígono da Sionlla

Patricia Iglesias sostén que o informe de Estradas que estaba pendente xa é favorable e pide avanzar na tramitación para incrementar a oferta de solo empresarial en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada socialista Patricia Iglesias anunciou que o PSdeG levará ao Parlamento de Galicia a situación da ampliación do parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, para reclamar á Xunta que avance na tramitación do proxecto. A parlamentaria considera necesario incrementar a dispoñibilidade de solo empresarial na capital galega para favorecer a implantación de novas actividades económicas.

Iglesias defendeu a necesidade de que Compostela conte cun tecido produtivo máis diversificado e que a actividade económica da cidade non dependa en tanta medida do turismo. “Para nós é fundamental o solo industrial, que se diversifique a actividade económica en Compostela”, afirmou a deputada, que incidiu na necesidade de facilitar espazos para a chegada e o crecemento de empresas.

A reclamación céntrase na ampliación da Sionlla que promove a Xunta a través de Xestur. O proxecto prevé ordenar máis de 400.000 metros cadrados nos terreos situados fronte ao actual parque empresarial, ao outro lado da AP-9. A Administración autonómica anunciara xa en 2022 a súa intención de ampliar o ámbito ante a demanda empresarial e posteriormente contratou a redacción do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial.

A parlamentaria socialista asegura que un dos trámites que condicionaba o avance do expediente era un informe da Dirección Xeral de Estradas do Estado, pero sinala que ese documento xa foi emitido con carácter favorable. “Ese informe xa se emitiu, é un informe favorable, pero a Xunta non moveu un só trámite para axilizar a ampliación do polígono industrial da Sionlla”, criticou Iglesias.

O PSdeG xa levara anteriormente esta cuestión á Cámara galega. Nunha iniciativa rexistrada en setembro de 2025, os socialistas lembraban que a previsión anunciada pola Xunta pasaba por poder convocar a finais dese ano o concurso para adxudicar as novas parcelas e licitar simultaneamente as obras de urbanización. Nese momento, o expediente xa contaba co informe ambiental estratéxico, que concluíra que o plan non tería efectos ambientais adversos significativos.

Iglesias sostén agora que a ampliación debe acelerarse para responder ás necesidades empresariais da cidade. “Preguntaremos no Parlamento de Galicia para que se axilice e que dunha vez por todas esa ampliación do polígono da Sionlla sexa unha realidade para Compostela”, avanzou.

A deputada afirmou tamén que actualmente “non temos un só metro cadrado para que se poida instalar unha empresa” en Compostela. Porén, os datos publicados este mércores por Xestur recollen sete parcelas como dispoñibles no parque actual da Sionlla, cunha superficie conxunta de 63.798 metros cadrados. O parque conta na actualidade cunha superficie total de 1,38 millóns de metros cadrados e 145 parcelas, segundo a información da empresa pública.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

O Congreso de Semergen reúne en Santiago a 4.700 profesionais para abordar a xenómica e o impacto da IA

Santiago de Compostela convértese desde este mércores, 7 de outubro, en punto de encontro...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here