InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAUnha persoa falece atrapada polo tractor que conducía en Val do Dubra

Unha persoa falece atrapada polo tractor que conducía en Val do Dubra

O vehículo envorcou nun camiño de Portomedal, na parroquia de Coucieiro, e os servizos de emerxencias só puideron confirmar a morte da vítima

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa faleceu este luns nun accidente cun tractor en Val do Dubra, despois de quedar atrapada baixo o vehículo que conducía. O suceso produciuse en Portomedal, na parroquia de Coucieiro, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.

O accidente tivo lugar arredor das 20:40, cando, por causas que non transcenderon, o tractor se desviou cara a un camiño e acabou envorcando. Como consecuencia do sinistro, a persoa que manexaba o vehículo quedou atrapada.

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais de comunicar o ocorrido á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.

Os efectivos de emerxencias desprazáronse ata o punto do accidente, situado neste municipio da comarca de Santiago, pero á súa chegada xa non puideron facer nada por salvar a vítima e confirmaron o seu falecemento.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda reúne decenas de persoas no Obradoiro para decidir novas mobilizacións

Decenas de persoas participaron na tarde deste martes nunha asemblea convocada polo Sindicato de...

O Sindicato de Vivenda de Compostela ve insuficientes os decretos do Goberno e mantén as mobilizacións

O Sindicato de Vivenda de Compostela considera insuficientes os dous reais decretos aprobados este...

A CIG denuncia a agresión a unha condutora do bus urbano de Santiago e acusa a Monbus de obrigala a continuar o servizo

A CIG denunciou unha suposta agresión a unha condutora do transporte urbano de Santiago...

Vox denuncia a Goretti Sanmartín e á subdelegada do Goberno polos incidentes no seu acto de Santa Marta

Vox anunciou este martes a presentación dunha denuncia penal contra a alcaldesa de Santiago,...

Val do Dubra acolle unha nova edición das Feiras de Abril con presenza institucional e ampla participación local

O concello de Val do Dubra iniciou esta mañá unha nova edición das Feiras...

A Real Academia Galega convida á veciñanza de Val do Dubra a preservar a microtoponimia local a través de Galicia Nomeada

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á...

O Goberno activa o Bono Cultural Xove 2025 e estima que 1.500 mozos da comarca de Santiago poderán beneficiarse

O Goberno de España puxo en marcha a edición 2025 do Bono Cultural Xove,...