InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Ateneo de Santiago organiza un faladoiro sobre sustentabilidade

O Ateneo de Santiago organiza un faladoiro sobre sustentabilidade

Álvaro Silva conducirá o evento que abordará a historia do cambio climático e medidas para reducir o impacto ambiental

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mércores, día 22 de maio, o Ateneo de Santiago realizará un Faladoiro de actualidade titulado ‘Como se pode ser máis sustentable?’. O acto, que terá lugar ás 19:00 no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da súa sede social, sita na Praza de Salvador Parga, 4-2º, estará conducido por Álvaro Silva, doutor en Enxeñaría Química e Ambiental pola USC.

Ao longo do evento farase un percorrido histórico no que se descubrirán os acontecementos que nos levaron ata o actual cambio climático, explorando en que actividades diarias dos cidadáns galegos se producen os principais impactos e achegando medidas sinxelas para reducilos. Tamén se realizará unha aproximación ao funcionamento das infraestruturas necesarias en Galicia e Compostela para o tratamento dos residuos e en que puntos se aplican ferramentas baseadas na economía circular.

Álvaro Silva Teira, doutor en Enxeñaría Química e Ambiental pola USC, máster en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais e enxeñeiro químico pola mesma universidade, dispón dun programa en Sustentabilidade obtido no Massachusetts Institute of Technology (MIT) de Boston e actualmente está finalizando un Executive MBA na EAE Business School de Barcelona e Madrid. Foi líder de proxectos europeos en Cetaqua Galicia e director de produción en OXIDINE Water Technology.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here