InicioPOLÍTICAO PSOE pide un plan director para adaptar as instalacións deportivas de...

O PSOE pide un plan director para adaptar as instalacións deportivas de Santiago ao aumento da demanda

Marta Abal levará ao Pleno de setembro unha proposta para analizar os espazos dispoñibles, optimizar o seu uso e planificar novas actuacións e investimentos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno ordinario deste mes unha proposta para que o Concello impulse un Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos, co obxectivo de avaliar as necesidades actuais da cidade e organizar as actuacións que serán necesarias nos próximos anos ante o incremento da práctica deportiva.

A concelleira socialista Marta Abal sostén que a evolución do número de persoas usuarias e dos clubs non está acompañada por un crecemento equivalente dos espazos dispoñibles. “En Compostela, o deporte medra. Medran as usuarias e os usuarios, medran os clubs e medra a demanda, pero as instalacións non medran ao mesmo ritmo”, sinalou. A edil tamén considera necesario revisar o aproveitamento dos equipamentos xa existentes, tanto os de titularidade municipal como os pertencentes a outras administracións ou entidades privadas.

A proposta do PSOE pasa pola elaboración dun documento de planificación que se poida actualizar de maneira periódica e que recolla tanto as necesidades deportivas da cidade como os recursos xa existentes. Segundo explicou Abal, este instrumento serviría para “coñecer as necesidades reais de Compostela, saber con que recursos contamos e como podemos aproveitalos mellor”, ademais de establecer unha programación dos investimentos e intervencións futuras.

Para os socialistas, esa análise permitiría determinar en que zonas ou disciplinas existe unha maior presión sobre as instalacións e organizar con antelación a resposta municipal. “Precisamos unha folla de ruta clara que nos permita anticiparnos e dar resposta a unha demanda deportiva que non deixa de medrar”, afirmou a concelleira.

O grupo municipal reclama, ao mesmo tempo, medidas a curto prazo mentres non entren en funcionamento novos equipamentos. Abal considera que o Concello debería estudar distintas posibilidades para ampliar a dispoñibilidade de espazos e horarios, incluíndo acordos con outras entidades que conten con instalacións susceptibles de ser empregadas polos clubs ou pola cidadanía.

Esta procura de alternativas debería incluír tamén, segundo a proposta socialista, as instalacións destinadas á práctica de actividades acuáticas. A concelleira pediu explorar “fórmulas de colaboración con outras entidades para que os clubs e as persoas usuarias dispoñan dos espazos e dos horarios que precisan” mentres non se produza unha ampliación da oferta municipal.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con case 500 entradas diarias

A CIG volveu denunciar a “cronificación” da asistencia masiva e a “falta de medios”...

Santiago proba no Restollal e o Castiñeiriño colectores de resto que só abrirán con tarxeta

O Restollal e o Castiñeiriño serán o escenario dun novo proxecto piloto para modificar...

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here