InicioECONOMÍAParalizadas as mobilizacións de UXT no aeroporto á espera dunha nova reunión

Paralizadas as mobilizacións de UXT no aeroporto á espera dunha nova reunión

A sobrecarga de traballo, segundo o sindicato, débese á "falta de persoal"

Publicado o

Xornal de Compostela

O sindicato UXT, que os pasados xoves e venres convocou unha folga no Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, paralizará por agora as mobilizacións á espera de manter unha nova reunión a próxima semana –posiblemente martes ou mércores– con South Europe Ground Services (SOEGS), a nova empresa que presta os servizos de rampla e pesada para Iberia.

Diso informa a organización tras reunirse este martes en Santiago, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, coa nova emprea despois desta folga que en dous días –16 e 17 de maio-– provocou a cancelación de máis dunha vintena de voos con saída ou destino en Lavacolla.

Roberto Rivas, de UXT, explica que os representantes de SOEGS comprometéronse a que, a partir deste mércores, se incorporan ao aeródromo compostelán sete traballadores aos servizos administrativos e un máis para a rampla. Rivas saúda esta ampliación de persoal, pero considérao “insuficiente”.

E é que a sobrecarga que motivou a folga débese, segundo denunciaba o sindicato, á “falta de persoal” en Lavacolla, un problema que se “agrava máis” polo traslado das rutas do Aeroporto de Vigo, pechado este mes de maio por obras na pista.

En calquera caso, UXT ve “boa predisposición” na nova empresa asociada a Iberia, polo que decidiu paralizar “polo momento” o calendario de mobilizacións á espera dos resultados desas negociacións.

ÚLTIMAS

As vítimas do Alvia renuncian á marcha de Santiago 12 anos despois do accidente

Por primeira vez en doce anos, non haberá marcha nin acto de homenaxe ás...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...

Santiago duplica os seus viaxeiros en tren a Madrid tras a mellora dos servizos de Renfe

O reforzo do servizo ferroviario de longa distancia entre Galicia e Madrid, en vigor...

Así quedan os prezos do autobús urbano en Santiago a partir deste martes 1 de xullo

O vindeiro 1 de xullo, o transporte urbano de Santiago experimentará cambios significativos nos...

A USC pecha 2024 cun superávit de 1,65 millóns e marca récord na captación de fondos para investigación

A Universidade de Santiago de Compostela rematou o exercicio económico de 2024 cun superávit...