InicioECONOMÍASantiago duplica os seus viaxeiros en tren a Madrid tras a mellora...

Santiago duplica os seus viaxeiros en tren a Madrid tras a mellora dos servizos de Renfe

A cidade rexistrou un aumento do 87% no número de pasaxeiros entre o 9 e o 26 de xuño, situándose como a primeira estación galega do corredor Galicia-Madrid en volume de viaxes

Publicado o

Xornal de Compostela

O reforzo do servizo ferroviario de longa distancia entre Galicia e Madrid, en vigor dende o pasado 9 de xuño, está a ter un impacto notable en Santiago de Compostela, que se converteu na estación galega con maior número de viaxeiros no conxunto do corredor, segundo os datos facilitados por Renfe.

Durante os primeiros quince días da nova oferta comercial, máis de 31.500 persoas viaxaron dende ou ata Santiago, o que supón un incremento do 87% respecto ao mesmo período de 2024, cando se rexistraran 16.900 viaxes. Este dato sitúa a capital galega por riba doutras cidades como A Coruña (con 18.930 viaxeiros, un aumento do 77%) ou Vigo-Urzáiz (10.050 viaxeiros, un 48% máis que o ano anterior).

O crecemento no número de pasaxeiros en Santiago é especialmente relevante se se ten en conta que a estación compostelá superou tamén a Ourense, tradicional punto de enlace co AVE, que acadou 26.400 viaxeiros (+11%). Así, Santiago consolídase como un nó ferroviario estratéxico nas conexións con Madrid, beneficiada pola incorporación dos novos trens S106, que ofrecen máis de 500 prazas e reducións significativas nos tempos de viaxe.

A modernización do servizo, con máis frecuencias (ata 11 por sentido en días laborables), mellores horarios, máis prazas e novos trens de alta velocidade (AVE e Avlo), contribúe a explicar o salto cuantitativo no uso do tren en Compostela. Esta tendencia vese reforzada pola extensión dos servizos AVE máis alá de Ourense, que agora chegan tamén a Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, o que supón un salto cualitativo no sistema ferroviario galego.

No conxunto do corredor Galicia-Castela e León-Madrid, o 20 de xuño alcanzouse o récord histórico de 12.839 viaxes nun só día, mentres que o número de viaxeiros semanais se mantén por riba dos 75.000, segundo datos da operadora. A capital do Estado, Madrid-Chamartín, segue sendo a principal estación en termos absolutos, con 77.570 viaxes (+46%).

Esta transformación no transporte ferroviario non só beneficia ás grandes cidades, senón tamén ás estacións intermedias como Vilagarcía de Arousa (+34%) ou A Gudiña-Porta Galicia (+44%), segundo reflicte o balance de Renfe.

Para Santiago, a consolidación destas cifras supón un novo escenario de conectividade que pode ter repercusións no turismo, a mobilidade estudantil e os desprazamentos por razóns laborais. A evolución da demanda e a continuidade das melloras na rede marcarán os seguintes pasos desta nova etapa do tren na cidade.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Transportes licita por máis de 600.000 euros a mellora da conexión entre a SC-20 e a N-550 en Santiago

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciou o procedemento de contratación das obras...

A mercería Algui e a Asociación Compostelá de Diabetes protagonizan en outubro ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de outubro á colaboración...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here