InicioMOV. SOCIAISEducación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A orde establece limpeza en días alternos, un 30 % do persoal por centro e a presenza dun conserxe mentres duren os paros convocados pola CIG

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos mínimos que deberán manter os colexios de Santiago de Compostela afectados pola folga do persoal de Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A., convocada pola CIG durante dez xornadas do mes de setembro. Os paros están previstos para os días 14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 e afectan a centros de educación infantil e primaria do municipio.

A orde autonómica establece que deberán realizarse en días alternos determinadas tarefas consideradas esenciais, entre elas a limpeza dos baños e aseos e a retirada dos residuos orgánicos. A mesma periodicidade aplicarase aos comedores escolares nos casos nos que a súa limpeza corresponda ao persoal incluído na convocatoria de folga.

Ademais, durante esas xornadas alternas deberá efectuarse, unha vez por semana, o varrido e fregado das aulas, incluído o mobiliario formado por mesas e cadeiras, así como a limpeza das zonas de uso común. Para desenvolver estes traballos, Educación fixa como servizo mínimo o 30 % do persoal adscrito a cada centro, cun mínimo dunha persoa en todos os casos.

Segundo recolle a orde, estas tarefas deberán limitarse ao tempo “mínimo imprescindible” para garantir os servizos establecidos. A Consellería sinala tamén que a aplicación dos mínimos non poderá supoñer para as persoas designadas unha xornada superior á que realizan habitualmente.

Xunto aos labores de limpeza, a Administración autonómica determina que terá igualmente carácter de servizo mínimo a presenza dun conserxe ou ordenanza durante todo o período no que cada colexio permaneza aberto para a actividade lectiva. A medida busca manter o funcionamento básico dos centros durante os días nos que se desenvolva a protesta laboral.

A selección concreta das persoas que deberán prestar estes servizos corresponderá á empresa Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A.. A compañía terá que comunicar a designación ao persoal afectado e facer pública a relación nos taboleiros de anuncios dos centros educativos nos que se desenvolva a folga.

A Xunta xustifica a fixación destes mínimos pola necesidade de compatibilizar o dereito constitucional á folga co mantemento dos servizos esenciais nos centros educativos, polo que considera as tarefas incluídas na orde como actuacións “indispensables” durante as xornadas de paro.

A convocatoria prodúcese no contexto do conflito laboral aberto polo persoal que presta estes servizos nos CEIP composteláns. O representante da CIG Paulo Rubido denunciou a pasada semana que se trata “clarisimamente do contrato máis precario” de Santiago e asegurou que as traballadoras desenvolven a súa actividade nunha “situación anómala”.

O sindicato cuestiona que a mellora da dotación económica do contrato municipal se trasladase ás condicións do persoal. Segundo explicou Rubido, o Concello “case triplicou a dotación” económica destinada ao servizo, pero, segundo a organización sindical, a empresa mantén unhas condicións laborais que “seguen sendo as mesmas”.

ÚLTIMAS

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Pedro Sánchez reúne 10.000 persoas en Santiago e apela ao voto feminino para defender os dereitos sociais o 29N

O presidente do Goberno e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, reuniu este venres...

Marc Marginedas: “O meu secuestro reforzou a miña vocación de xornalista”

A propaganda converteuse nun dos principais instrumentos de influencia internacional do Kremlin. Así o...

Santiago estrea a credencial especial do Xacobeo 2027: xa está dispoñible para os peregrinos

A Oficina de Acollida ao Peregrino presentou este venres, 20 de novembro, a Credencial...

Marc Marginedas: “O meu secuestro reforzou a miña vocación de xornalista”

A propaganda converteuse nun dos principais instrumentos de influencia internacional do Kremlin. Así o...

Unha vintena de estudantes mobilízanse en Santiago contra o gasto militar e en defensa do ensino público

Unha vintena de estudantes concentráronse este venres en Santiago de Compostela para reclamar un...

O persoal contra incendios maniféstase en Santiago para reclamar melloras salariais e laborais á Xunta

O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) mobilizouse este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here