InicioSUCESOSUnha persoa resulta ferida leve tras saírse da vía entre Ortoño e...

Unha persoa resulta ferida leve tras saírse da vía entre Ortoño e Bertamiráns

O accidente produciuse arredor das 08:00 deste luns e mobilizou efectivos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa resultou ferida leve este luns nun accidente de tráfico rexistrado no concello de Ames, despois de que o vehículo que conducía sufrise unha saída de vía.

Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro tivo lugar arredor das 08:00 na estrada que comunica Ortoño con Bertamiráns. Tras o accidente, a persoa que se atopaba ao volante indicou que presentaba dor nun brazo.

A central de emerxencias activou os medios necesarios para atender o incidente e trasladou o aviso aos profesionais de 061, así como á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Ames e aos efectivos de Protección Civil do municipio.

ÚLTIMAS

Verea abre o curso político coa vista nas municipais e promete intensificar as propostas para Santiago

Borja Verea abriu este luns o novo curso político en Santiago cunha intervención marcada...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que garanta máis espazo de adestramento ao Club Natación Cidade de Santiago

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local do BNG que teña...

O Espazo María Miramontes abrirá o 7 de setembro o proceso de inscrición para o novo curso

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, situado no barrio compostelán de Fontiñas,...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

Falece un home tras caer co seu vehículo ao río Tambre

Un home faleceu este sábado en Santiago de Compostela tras caer co seu coche...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...