InicioSUCESOSAtopan sen vida nun coche o home de 82 anos desaparecido en...

Atopan sen vida nun coche o home de 82 anos desaparecido en Teo

O octoxenario, que padecía alzhéimer, foi localizado de madrugada na parroquia de Calo tras un amplo dispositivo de procura

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home de 82 anos que desaparecera ao mediodía do sábado nunha urbanización de Teo foi atopado sen vida neste mesmo municipio durante o dispositivo de procura activado para localizalo.

O achado foi comunicado arredor das 04.30 horas da madrugada do domingo por unha patrulla da Garda Civil do Posto do Milladoiro, que localizou o home no interior dun vehículo. Segundo fontes da Garda Civil, o octoxenario padecía alzhéimer e os primeiros indicios apuntan a que puido desorientarse.

O operativo activouse durante a tarde do sábado, despois de que se presentase unha denuncia pola súa desaparición na urbanización Campos de Mirabel. Na procura participaron efectivos da Garda Civil, da Policía Local e persoas voluntarias. Máis tarde incorporáronse tamén os drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Tras varias horas de rastrexo, as tarefas remataron inicialmente sen resultado, segundo explicou o 112 Galicia. Con todo, pasadas as 04.00 horas, o home foi atopado no interior dun coche estacionado na parroquia teense de Calo polas persoas que participaran na procura ao longo do día. Os servizos de emerxencias só puideron confirmar o seu falecemento.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...