InicioSUCESOS800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

O servizo recuperouse ás 12.30 horas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido a dúas incidencias, xa resoltas, nos concellos veciños de Santiago e Ames.

Por unha banda, segundo informan fontes de Naturgy a Europa Press, uns 600 usuarios sufriron problemas no subministro en Compostela esta mañá de venres por mor da inundación dun transformador con augas residuais. O servizo recuperouse ás 12.30 horas.

Así mesmo, no concello de Ames uns 200 usuarios sufriron un apagón porque se danou un cable soterrado na Rúa da Madalena, na esquina con Xaquín Lorenzo. A avaría quedou illada e restableceuse o subministro.

Precisamente, pasadas as 10.00 horas, traballadores do polígono industrial do Milladoiro contaban a Europa Press que sufriran un apagón.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here