InicioSUCESOSUn motorista resulta ferido nun choque cun turismo na entrada de Santiago...

Un motorista resulta ferido nun choque cun turismo na entrada de Santiago pola N-525

O accidente produciuse pouco despois das 10:00 na rotonda de acceso á AP-53, segundo informou o 112

Publicado o

Xornal de Compostela

Un motorista resultou ferido este luns nun accidente de tráfico rexistrado na entrada de Santiago de Compostela, despois de verse implicado nunha colisión cun turismo na rotonda de acceso á autovía AP-53.

Segundo confirmaron fontes do 112, o sinistro tivo lugar pouco despois das 10:00, á altura do quilómetro 337 da estrada N-525, nun dos puntos de conexión viaria coa capital galega.

O aviso á central de emerxencias foi realizado polos Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron de que o condutor da motocicleta sufrira feridas tras caer do vehículo a consecuencia do impacto.

A partir desa comunicación, os operadores do 112 activaron o correspondente operativo e deron aviso á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, co obxectivo de atender a incidencia e regular a circulación na zona.

Polo momento, non transcenderon máis datos sobre o estado do motorista nin sobre as circunstancias concretas nas que se produciu a colisión co turismo.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...