InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIO'De luxo a lixo' leva ao Campus Vida unha acción teatral para...

‘De luxo a lixo’ leva ao Campus Vida unha acción teatral para concienciar sobre o abandono de residuos voluminosos

A campaña impulsada polo Concello de Santiago combinou teatro participativo e información cidadá para promover unha correcta xestión destes materiais

Publicado o

Xornal de Compostela

 

O espazo exterior da Biblioteca Concepción Arenal, no Campus Vida de Santiago de Compostela, converteuse este mércores nun escenario ao aire libre para desenvolver a actividade teatral ‘De luxo a lixo’, unha iniciativa promovida polo Concello de Santiago dentro da campaña municipal co mesmo nome e centrada na problemática do abandono de residuos voluminosos nas rúas da cidade.

A proposta desenvolveuse como unha peza de teatro participativo, na que o público asistente tivo un papel activo durante a representación. A actividade pretendeu abrir un espazo de reflexión arredor dos hábitos de consumo e da crecente presenza dunha cultura baseada no uso inmediato e na substitución constante dos obxectos. Ao mesmo tempo, buscou ofrecer información práctica á cidadanía sobre as vías axeitadas para desfacerse deste tipo de residuos.

A campaña céntrase especialmente na xestión de materiais de gran tamaño que, en ocasións, son abandonados na vía pública, unha práctica que afecta á limpeza e ao mantemento dos espazos urbanos. A través desta iniciativa, o Concello pretende incidir na sensibilización cidadá e fomentar prácticas máis responsables no tratamento dos residuos.

Tras a representación no campus universitario, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, visitou o posto informativo instalado pola campaña na Praza Roxa, un espazo dende o que se continúa trasladando información á veciñanza sobre a correcta xestión destes materiais.

Dende a campaña municipal púxose o foco na necesidade de evitar o depósito inadecuado de residuos voluminosos na rúa, promovendo alternativas que permitan unha eliminación ordenada e respectuosa co espazo público.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here